9/10/17

SAÚDO A UN NOVO CURSO

Coas forzas renovadas e cunha gran ilusión damos comezo a este blog no curso 2017/ 18.
Esperamos que nestas páxinas podamos reflectir multitude de actividades que sirvan ao fomento da nosa amada lingua e que  asemade contribúan a que o noso alumnado medre dunha maneira saudable grazas a adquisición de novos  coñecementos e a vivenza de novas experiencias.
Como xa fixeramos en anos anteriores, apoiaremos todas as actividades que se desenvolvan dende o equipo de Biblioteca. Este ano o proxecto "UNHA ENCHENTE DE LIBROS", versará sobre a alimentación. Será obxectivo deste equipo velar porque a lingua condutora das actividades sexa o GALEGO.

Será tamén centro da nosa actividade traballar a figura e a obra  de MARÍA VITORIA MORENO, autora que será homenaxeada  nas Letras Galegas 2018.

No hay comentarios:

Publicar un comentario