Dentro da estrutura desta organización creóuse en 1946 a fundación UNICEF, destinada a socorrer aos nenos/as que sufriran os efectos da guerra. Sesenta anos despois o seu labor segue vixente en todo o mundo defendendo os dereitos da infancia.

No ano 1949 tivo lugar en París un Congreso organizado polo Movemento Mundial de Partisáns pola Paz (integrado por varias correntes: Partido Comunista, asociacións cristiáns, e libre pensadores)
Daquela Pablo Picasso recibiu o encargo de deseñar un cartaz para simbolizar este movemento.O pintor malagueño creou para a ocasión a imaxe dunha pomba, que hoxe e en día identificamos como icona da Paz.
Ao longo da súa vida Picasso debuxou diferentes pombas da Paz que constitúen unha serie, aquí podedes ver algunhas delas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario