28/9/20

 Boas de novo, como todos e todas sabedes este ano as Letras están adicadas a Carvallo Calero. 

Compartimos con vós unha propota musical do Portal Galego da Língua, nós escollemos estas cancións, pero podedes entrar na páxina do Portal e atoparedes moitas máis.

Os Carunchos- O Peso da Soledade


O Portugués- A súa mazá                            


Acordeireta- Aperta  


De catro a catro- Somos os pacifistas.

24/9/20

Damos a benvida a un novo curso, máis novo que nunca, cheo de retos e novidades, pero do que estamos seguros é de que chegaremos a bo porto e aprendendo moito das novas experiencias.
Este curso o respecto polos demais representámolo no uso das máscaras, na hixiene constante de mans, ventilación das aulas, uso do material propio, todo isto, como non, en galego!
Este curso imos traballar moitísimo con Papirus, para coidarnos e coidar o noso planeta, por iso o proxecto deste ano é o desenvolvemento sostible. Moito ánimo a todXs!




18/5/20

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NA BANDA DO RÍO

O barrio máis marchoso da nosa vila, amaneceu así de decorado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
Paula Freire, alumna do noso cole, foi a encargada de espallar o coñecemento do autor homenaxeado.
Neste vídeo poderedes comprobar o ben que o fixo. 
QUE ORGULLO!



17/5/20

ORGULLO DE FALA! 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


O noso veciño Luís Davila, da unha vez máis no cravo felicitándonos, neste día tan especial, con ese humor tan ácido e á vez tan galego, que el tan ben sabe combinar

A seguinte recompilación de recursos foi realizada por Mar Hermida e Pilar Ponte para aulas galega.
Clicando na imaxe de Ricardo Carvalho Calero, poderás acceder a diferentes enlaces para facer actividades, ver vídeos, desfrutar da súa obra, facer xogos interactivos  e moitas cousas mías.







14/5/20

CANTO SABES DE RICARDO CARVALHO CALERO?

O CEIP Eladia Mariño de Cabana en A Coruña, comparte con todos nós, multitude activades en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Clica na imaxe para comezar:


13/5/20

LETRAS GALEGAS

Esta semana das LETRAS GALEGAS a raposa Fedella tráenos  unha ficha técnica de Riocardo Carvalho Calero.
RESOLVE OS CATRO ENIGMAS E O RETO FINAL


PREPARADXS? Pincha na imaxe!

12/5/20

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva é un relato curto, no que Ricardo Carvalho Calero narra unha historia que lle aconteceu a el de pequeno.
O vídeo que ides ver a continuación é unha adaptación que deste conto fixeron no CEIP Vilaverde Mourente. Clicade na imaxe par velo:


Se clicades na seguinte imaxe, poderedes ler o conto vos mesmxs, escoitar a música da Banda das Pitas (SI, SI COMO LEDES, AS GALIÑAS TEÑEN UNHA BANDA), ou facer actividades sobre esta historia nas dúas unidades didácticas que hai.
Por último un xogo interactivo sobre o conto. Preparádevos para disparar dardos, pero antes teredes que ler o conto. CLICADE NA IMAXE PARA XOGAR!