28/1/18

SAHARA: PALABRAS DE CARAMELO

Ante a proximidade dao día da paz e tendo en conta as actividades que a tal fin se organizan este ano no noso centro, pareceunos unha boa idea compartir coa comunidade escolar este interesante vídeo sobre o Sahara.Occidental Esperamos que tras a visualización se poida entender mellor a situación dos refuxiados desta zona do mundo e a responsabilidade que a historia de España ten neste problema.
Actualmente, o alumnado de cuarto encóntrase lendo "Palabras de Caramelo· de Gonzalo Moure pero o alumnado de quinto e sexto xa o fixo con anterioridade.
AGRADECER a Milagros Lemos, a Bea Bruna e ao CEIP  Espiñeira de Aldán, autores deste documental, que facilitasen que este vídeo fose compartido e mandarlle dende estas páxinas os nosos PARABÉNS polo fantástico traballo.

21/1/18

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ

EU TEÑO ALGUÉN
Achégase o dia da paz. como cada ano o noso cole o conmemorará con diversas actividades que iremos relatando nestas páxinas.
Para empezar, queremos compartir con toda a comunidades escolar a canción que interpretaremos en galego todos os nenos e nenas do noso centro.
Chámase "Eu teño alguén" da nosa queridísima María Fumaça, e que está incluído no album "Xiqui, xoque fiú, fíu2



20/12/17

QUE A MAXIA DO NADAL ENCHA TODOS OS PRATOS POR IGUAL


Esta fermosa POSTAL COOPERATIVA DE NADAL, preside nestas datas a entrada do colexio, Cada neno ou nena do cole de Primaria pode atopar unha parte do seu traballo nela.
 O alumnado de primeiro e segundo fixeron as casiñas, os de terceiro e cuarto as árbores e os de quinto e sexto as folerpas de neve.

Con ela queremos FELICITAR AS FESTAS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.
No centro da postal, de xeito destacado, atópase o FERMOSO LEMA  composto pola familia de LOLA CUBERO PICOS  de 6º de Educación Infantil.

Parabéns para todas as familias que paricipastes, no concurso e asegurarvos que a selección foi dura pero que só unha podía ser a elixida.
Amosamos, a continuación, a mostra da participación das familias neste certame 2017:






MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!

FELICES FESTAS E PRÓSPERO ANO NOVO!

12/12/17

GUÍAS DE LECTURA DE NADAL 2017

Baixo o lema "COMPARTE AMOR POLO NOSO" , a Coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo, vén de publicar as guías de lectura.
Esta lista é froito dun traballo cooperativo dos centros da comarca, no que o noso centro participa activamente.
Ten como obxectivo, animar á comunidade educativa a agasallar libros  e música no noso idioma. Trata de reflectir as novidades editoriais do último ano, tendo en conta as distintas idades e formatos; narrativa, poesía, cómic ou divulgación.
Este ano non nos quixemos esquecer de incluír, asemade, libros de María Victoria Morena, autora que será homenaxeada nas Lettras Galegas 2018.
Agradecer  a Ana  Valuja do CEIP de Seixo, que se ocupou da enmaquetación e a Luz Beloso do IES de As Barxas de Moaña pola ilustración.



29/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO II

Este mes, tipicamente outonal, chega ao seu fin.
Dende hai anos, conmemérase NOVEMBRO  como o mes da ciencia en galego nas Bibliotecas escolares.
O noso alumnado non parou de facer experimentos. Debemos recoñecer que a temática da ALIMENTACIÓN do noso proxecto común axudounos moito.
Clicando nas seguintes imaxe poderedes acceder aos distintos blogues onde se explican polo miudo estas experiencias;




l




13/11/17

MAGOSTO E XOGOS TRADICIONAIS


Case podería asegurar que se algún día vai quedar na memoria do alumnado do noso cole, ese vai a ser a celebración do Magosto.
As castañas estaban boísimas e demos boa conta delas.










Pero o mellor de todo son os xogos! Este ano temos que volver a agradecer a inestimable colaboración,  da ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu, que non só cedeu unha gran cantidade de xogos, senón que tamén estiveron dirixindo os xogos, tratando aos pequenos e pequenas con toda a delicadeza imaxinable.
 GRAZAS DE CORAZÓN!
Os xogos tiveron  lugar no patio de infantil e nos dous patios de primaria. Basta con botarlle unha ollada ás fotos para comprobar o ben que o pasaron dende os máis pequenos ata os maiores.









8/11/17

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO I

EXPERIMENTANDO COS SENTIDOS
O alumnado de cuarto realizou un interesante proxecto de investigación  sobre os sentidos e sobre a cegueira e a xordeira.
Clicando na seguinte imaxe pódese acceder á entrada do blog onde se explica a actividade:
O seguinte vídeo amosa as imaxes da experiencia na aula de ciencia cos diferentes sentidos: