11/11/19

ESTREA DE ANACOS DE VIDA EN BUEU

O centro social do Mar de Bueu encheuse para ver o capítulo de Anacos de Vida, dedicado a nosa vila e que tiña como protagonista a gran parte do noso alumnado.
A espectación era grande despois da revolución da gravación no noso colexio. 

Orgullo e agradecemento é o que queremos transmitir a todos e a todas por compartir con nós esas fotos e contarnos esas fermosas historias e por facelo, de xeito maxistral, na nosa lingua.

Se premendes na seguinte imaxe poderedes entrar na web da TVG e ver o capítulo integramente:


Todo o alumnado esperaba ver na pantalla a súa imaxe e escoitar a súa historia. Moitos foron os marmurios de aprobación cando ese momento chegou.
Porén houbo gravacións que non puideron proxectarse por diversos motivos. A todos eses nenos e nenas que non puideron verse ese día queremos mandarlle, dende estas páxinas, o noso cariño, recoñecemento e ánimo.

2/11/19

SAMAÍN RADIOFÓNICO E SUPERSTICIOSO


Este é o impresionante mural que dende hai uns días preside a nosa entrada. Este ano quixemos que as supersticións , tan fondamente arraigadas na nosa cultura, formasen parte da festa do medo.
En todas as aulas de primaria investigaron e traballaron diferentes exemplos e despois elixiron unha delas poñelas no mural.
1ºA
1ºB
2ºA
2ºB
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
5ºA
5ºB
6ºA
6ºB
O alumnado de Infantil decorou as letras. Cada aula fixo unha, e quedaron así de fermosas:
Tampouco falta no mural unha reseña hacia o noso PDI anual: "Nas ondas da Pedra":
Como cada ano as familias sorprendéronnos pola súa creatividade na elaboración das cabazas. Moitísimas grazas pola vosa colaboración e esforzo!
Mirade que radiofónicas son!


































Nas aulas de E. Infantil fixéronnas dentro da aula. Botádelle un ollo a este vídeo que fixeron as Trasniñas e os Trasniños do último curso desta etapa. Son unhas campioas e campións!


As seguintes fotos amosan diferentes momentos vividos nas  aulas:

















Comos somos un colexio plurilingüe tamén temos un mural para lembrar que nos países de fala inglesa se celebra a festa de Halloween.