21/12/18

ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DE NADAL

Calquera época do ano é boa para dinamizar o uso da nosa lingua, pero o Nadal, o é especialmente.
En primeiro lugar as POSTAIS de Nadal. O alumnado de todas as clases elaboraron as POSTAIS que despois enviaron ás casas por correo ordinario.





Cantáronse as tradicionais PANXOLIÑAS.
 En E.Infantil  "TRES REIS EN BICICLETA"



En E. Primaria "VINDE VER O NENO"



Sesións de CONTACONTOS.
 O APALPADOR , foi por suposto unha das historia elixidas:
Os maiores de abandoaron as súas aulas e presentáronse en E. Infantil para converterse en CONTADORES DE CONTOS:
Ramón, o noso CONXERSE MAGO, deleitou a grandes e pequenos con espectaculares SESIÓNS  MAXIA.




Elaboráronse portadas para levar as fichas do primeiro trimestre, onde o noso idioma tivo un protagonismo esencial, como a que fixeron os pequenos e as pequenas de 1º de Primaria, na que DEREITOS HUMANOS, como LIBERDADE, VIVENDA, IGUALDADE, .. formaron parte da árbore de Nadal.
Quedaría falar sobre todo o traballo realizado en torno ´´A POSTAL COLABORATIVA" , que está explicada nas entradas anteriores deste mesmo blog.




18/12/18

POSTAL COLABORATIVA DE NADAL 2018

XUNTOS NA DIVERSIDADE FAREMOS UN NADAL DE SOLIDARIEDADE:
Este fermoso mural, preside,xa,  a entrada do noso cole. Na cabeceira do mesmo, atópase o lema elixido. As mans de todo o alumnado do colexio A Pedra, están postas nel. 
Os pequenos e pequenas de E. Infantil confeccionaron os bonecos de neve.
Quixemos que, este ano, a nosa postal cooperativa tivese relación co proxecto dos DEREITOS HUMANOS,  así que cada aula investigou a un personaxe relevante neste eido. Despois désmoslle un aire navideño para colocalo no mural.
1ºA traballou a Emilia Pardo Bazán:

1ºB traballou a Rigoberta Menchú


2ºA traballou a Annie Nushann


2ºB traballou a Mahama Gandhi

3ºA traballou a Malala

3ºB traballou a  Clara Campoamor

4ºA traballou a Concepción Arenal

4ºB traballou a Frida Kahlo

5ºA traballou a Teresa de Calcuta.

5º B traballou a Iqbal Masih

6ºA traballou a Nelson Mandela

6ºB traballou a Martin Luther King
Moitos foron os grupos que aproveitaron o mural para sacarse fotos grupais.



O resultado final é esta fermosa POSTAL DE NADAL, coa que o CEIP  PLURILINGÜE A PEDRA,  felictou a toda a comunidade educativa, e aos organismos e intitucións oficiais.



16/12/18

LEMAS DE NADAL

XUNTOS NA DIVERSIDADE, FAREMOS UN NADAL DE SOLIDARIEDADE!
Este lema de María Otero, alumna de 5ºB do noso centro, foi o elixido para presidir a postal colaborativa que xa empeza a tomar frma na entrada do noso cole. Queremos expresarlle a nosa NORABOA, e esperamos que se sinta orgullosa.
Como en outros anos a participación foi moi significativa, e debemos recoñecer que a elección foi discutida pois había moitos merecedores deste recoñecemento. 
Dende estas páxinas agradecer ás familias   o esforzo. 
A continuación podedes botarlle unha ollada a todos os lemas.
GRAZAS A TODOS!
  BO NADAL!








14/12/18

DEREITO A TER UN BO NADAL

Todos os anos ao chegar estas datas a ONG, CÁRITAS de Bueu, organiza unha campaña de recollida de alimentos nos distintos centros educativos.
Este ano, concienciados polo, polo proxecto de DEREITOS HUMANOS, este evento solidario, cobrou máis sentido se cabe.
As familias volveron demostrar a súa xenerosidade e solidariedade e dende este blog queremos darvos as
GRAZAS!!!

13/12/18

1º PREMIO "GIOTTO ERES TI" PARA OS TRASNOS DE A PEDRA

Os Tranniños e Trasniñas, volveron darnos unha alegría. O pasado mércores enterámonos que foron merecedores do 1º premio "Giotto eres ti", por un preciosísimo deseño do noso PAPIRUS, elaborado na súa totalidade con material de reciclaxe.
Dende estas páxinas queremos mostrarlles os noso orgullo e os nosos sinceiros PARABÉNS!
A seguinte imaxe mostra o deseño gañador. Se clicades na foto poderedes acceder ao blog dos TRASNOS, que explica polo miudo todos os detalles.

11/12/18

70 ANIVERSARIO DOS DEREITOS HUMANOS

O 10 de decembro  é unha data que habería que celebrar sempre.
 Pero este ano, foi  especialmente significativo, en primeiro lugar porque se cumprían 70 ANOS xustos da súa declaración e porque os DEREITOS HUMANOS Son precisamente o tema do noso proxecto xeral.
Este ano o alumnado de quinto e sexto estavan convidados polas asociacións de veciños da Banda do Río e pola de Alfombristas a participar no emotivo acto na Praza Massó da vila. Alí xuntáronse co alumnado dos demais centros educativos. Entre todo elaboraron unha fermosa alfombra
.

 A alfombra estaba rodeada de 30 figuras humanas de papel, elaboradas, coa técnica de origami, pola rapazada asistente.

Houbo tamén xogos populares coordinados polos usuarios do Centro de Discapacitados Psíquicos do centro morracense de Juan XXIII.
Diversos personaxes leron os 30 artigos que conforman a declaración dende o balcón do Concello.
No colexio, o alumnado de terceiro e cuarto, viviron esta xornada tamén dun xeito inesquecible, pois na sala multiusos puideron ver a conmovedora película "DE CAMIÑO Á ESCOLA", que narra as peripecias que catro cativos, teñen que realizar cada día para chegar é escola.
Houbo moita emoción no visionado do filme, e seguro que dende entón sóntese uns privilexiados. Nesta foto pódese apreciar o atentos e conmovidos que estaban.
Dende estas páxinas, gustaríanos entender que esta iniciativas deben servir para concienciar á rapaza e ser capaces de consstruír un mundo mellor, onde os DEREITOS HUMANOS non sexan só unha folla de papel, senón unha REALIDADE.









1/12/18

LARETAS DE A PEDRA E USUARIOS DOS CENTROS DE DÍA

Os máis pequeniños do noso cole, que como sabedes, fanse chamar LARETAS, están levando este curso un tenro proxecto.
Consiste nunhas xornadas de convivencia cos maiores da nosa vila que asisten a o Centro de día "CONTIGO"
Xa no mes de outubro, os pequeniños deixaron as aulas e forin visitalos ao seu local. Alí fiixeron unha manualidade coas follas de outono que recolleran previamente os maiores.


No mes de novembro, foron os avós e as avoas, os que encheron as aulas do centro de E. Infantil. Nesta ocasión fixeron xuntos uns crebacabezas de lugares reseñables de Bueu. Algúns anciáns contáronlle anécdotas da fábrica de Massó, cantáronlle cancións, faláronlle de como xogaban cando eran cativos, ...
As fotos falan por si soas.