20/5/18

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

É, por todos recoñecido, a aposta que o colexio A PEDRA, fai polo fomento do amor e o uso da nosa lingua, así que a celebración DAS LETRAS GALEGAS non podía pasar por alto.
Os pequenos de E. infantil, este ano non subiron ao cole dos maiores pero o celebráronnos pola súa conta. aquí queda unha fermosa proba onde o alumnado de  6º ano de A recitan un poema de MARÍA VICTORIA MORENO.


No cole de primaria fíxose unha preciosa festa, comezouse por recitar o poema UN CACHIÑ DE BICA?
extraído do libro EU CONTO TI CANTAS,  da autora homenaxeada.
A continuación o alumnado de cuarto, quinto e sexto procederon a compoñer as dúas últimas estrofas de "GALIZA" de MANUEL MARÍA, coas letras que cada un deles decorara coas súas familias a modo das alfombras florais.





 Foi un acto moi emotivo, un por un foron saíndo e colocando as letras no lugar determinado.












 O resultado foi espectacular:


Todos xuntos  cantamos esta fermoso poema de Manuel María.
Rematamos, como cada ano, cantando O HIMNO GALEGO, previamnete interpretado maxistralmente con frauta polo alumnado de sexto. Neste vídeo poderedes gozar deste emotivo final de festa.

16/5/18

MURAL DAS LETRAS GALEGAS


Como cada ano, un gran mural preside a entrada do noso colexio, onde cada aula do centro puxo o seu gran de area. 
Este ano, como non? había que unir a homenaxe a MARÍA VICTORIA MORENO, co PDI, DE ALIMENTACIÓN. A profe Geli, encargada sempre destes eventos, botou man da súa creatividade  e atopou a conexión mediante unha SOPA DE LETRAS GALEGAS, onde se poden atopar o nome da escritora estremeña, e de dúas das súas obras, Mar adiante e Eu conto ti cantas.
O alumnado de infantil encargouse de decorar as letras. 
Foron os nenos e nenas de primaria os que decoraron unhas fermosas bandexas cheas de letras galegas tamén, pero que ordenadas formaban unha das estrofas dun poema de MARÍA VICTORIA MORENO, uncluido no libro EU CONTO TI CANTAS.
1ºA

1ºB

2ºA

2ºB

3ºA

3ºB

4ºA

4ºB

5ºA



5ºB

6ºA


6ºB





12/5/18

PROXECCIÓN DE "CASTELAO DE CHUMBO A VERBA"

Chegou o día!
 E podemos afirmar que o resultado superou con creces as nosas espectativas.
Temos que expresar antes que nada o noso agradecemento a María Rey, profe de infantil do noso centro, que, dun xeito totalmente altruísta, ofreceunos a oportunidade de poder asistir a proxección deste filme. Por engadido miles grazas a MIGUEL LÓPEZ, director e guionista da película.
Cando chegamos o mismísimo director estaba esperándonos na porta e iso fíxonos sentir moi importantes. E non só iso, tamén se sacou fotos con nós.

.
Pasamos logo ao interior e, tras unha breve introdución, empezou a proxección. 
Podemos asegurarvos, que aínda que tiña parte de ficción,  unha gran parte era documental sobre a vida e obra de CASTELAO,  pero a nosa atención mantívose os 50  minutos que durou. 
Engadir que todos nos emocionamos e que agora coñecemos mellor e admiramos máis a figura deste gran escritor, debuxante e político galego. 
Todo comeza cando un alumno é recriminado pola súa mestra pola súa lacazanería e a falta de coñecemento sobre o autor de Rianxo. Este mesmo rapaz, sentado na praza San Xosé de Pontevedra sorpréndese ao comprobar que a figura de Castelao que forma parte da estrutura escultórica empeza a falar con el e ofrécese a axudalo para facer o traballo sobre a súa vida nesta cidade.




María do Ceo, é a intérprete do tema central da peli e de todo o repertorio musical. Forma parte tamén dunha das esceas no Café Moderno.
Foi espeialmente duro, o momento en que se relata o fusilamneto de Alexandre Bóveda, gran amigo de Castelao. Non pudemos evitar as bágoas ante feitos tan inexplicables da nosa historia.
Pero a todos nos sacou un gran sorriso ao ver como a figura de Valle Inclán, que todos coñecemos de pasear pola cidade de Pontevedra, cobra vida para formar parte da historia:


Ao rematar tivemos o privilexio de gozar coas imaxes do MAKING-OF, e das  explicacións do director, sobre as dificultades e atrancos con que se atoparon ante unha rodaxe desta envergadura.







Antes de rematar, Miguel López contestou cunha paciencia infinita á multitude de preguntas que lle fixemos.
Para finalizar dous alumnos de sexto, Helena e Xandre, representando a todo o colexio, fixéronlle entrega ao director dun pequeno agasallo, para que non se esqeuenza  de nós.


MIL GRAZAS MIGUEL!
   UNHA XORNADA INESQUECIBLE!










9/5/18

CASTELAO DE CHUMBO A VERBA

O próximo venres, 11 de maio, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto, terán a sorte de asistir no Centro Social do Mar a proxección do Filme de MIGUEL LÓPEZ:
 

No seguinte vídeo, podedes ver un avance deste fermoso "docufilme", no que a figura de Castelao esperta da famosa escultura da Praza San Xosé de Pontevedra para percorrer as rúas da cidade da man dun  rapaz. Os nenos e nenas de A Pedra achegaranse ao escritor, político e debuxante dun forma moi entretida e de paso coñecerán de outro xeito a cidade de Pontevedra.


5/5/18

"A LINGUA NON PARA": CORRELINGUA 2018

O venres 4 de maio foi finalmente o día que se puido celebrar o
VIII CORRELINGUA DO MORRAZO
Estaba previsto para o mércores, 2 de maio pero as malas condicións meteorolóxicas non o pemitiron. Valeu a pena porque o venres apareceu un día precioso. A vila de Bueu, encheuse de de rapaces e rapazas de Marín, Cangas, Moaña e como non da propio concello.
A festa da lingua púxose en marcha baixo o lema A LINGUA NON PARA
O alumnado do colexio A Pedra, acudiu ao acto, coas camisetas do cole decoradas cunha palabra relacionada coa alimentación. Había cachelos, patacas, cacheiras, centolas, cogomelos, xurelos, chichos, tixolas, garfos, ...


Saíndo da Praza Massó, percorréronse as principais rúas para regresar de novo ao punto de partida.





 Sentámonos entón para comer a nosa merenda.
 O alumnado de IES Joham Carballeira, escenificou o manifesto en forma de rap, espectacularmente ben.

E por fin chegou momento máis esperado PACO NOGUEIRAS subeuse ao escenario e empezou o desexado concerto. RADIO BULE BULE, é o nome do disco que nos presentou en Bueu.
No seguinte vídeo poderedes ver máis imaxes desta inesquecible xornada.

25/4/18

VISITA ÁS ILLAS CÍES DA MAN DOS BOLECHAS

O noso cole foi un dos catro coles de Galicia elixido para apoiar a candidatura das Illas Cíes a patrimonio da UNESCO.
Tratábase de ir a este fermoso arquipélago, en barco dende Vigo, acompañados, nin máis nin menos, que polos nosos queridísimos Bolechas. Con eles tamén viaxaron mais nenos e nenas de Vigo, Ribeira e Vilagarcía e representantes da política galega como o Conselleiro de Educación e  Cultura Román Rodríguez.


Só podían ir un máximo de corenta rapaces e rapazas polo que os afortunados e afortunadas foron o alumnado de terceiro de primaria.
O día seleccionado foi o 23 de abril, así que a xornada converteuse nunha bonita forma de celebrar o día do libro.
Clicando na seguinte imaxe pódese acceder ao blog do segundo ciclo e obter máis información sobre este estupendo día: