Como cada 23 de abril o noso colexio sumouse a celebración do día do libro: En todas as aulas leuse o manifesto, que este ano foi elaborado polo poeta e narrador galego
FRAN ALONSO
no que nun tono claramente irónico, anima ao alumnado a ler.
Asemade organizouse no BIBLIOCASTELO unha exposición de LIBROS DE RECEITAS, que foron traídos polo alumnado do centro e que foi un auténtico éxito.
Dende estas páxinas AGRADECER ás familias a súa participación!
A profe Lina, presentounos a exposición, e leunos algunha receita ou curiosidade dalgún dos exemplares:
Achégase maio, mes por excelencia das letras galegas. Como xa anunciamos ao comezo deste curso, este ano a escritora homenaxeada é María Victoria Moreno.
Presentamos nesta entrada, actividades fotocopiables ou para traballar dixitalmente sobre a autora.
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ás actividades, publicadas pola Real Academia Da Lingua:
Clicando na foto da escritora accederedes ás actividades publicadas polo Seminario Galán:
O pasado venres, 6 de abril, todos os colexios da comarca de O Morrazo, aunamos as nosas forzas para que O AUTISMO, se fixese visible.
Empezamos por ler un manifesto, no que, en primeiro lugar nos contaban en que consiste esta discapacidade e despois se facía un relato das reinvidicacións.
Nas clases, léronse contos e víronse vídeos. Moitos de nós, nuca oiramos falar do autismo, polo que nos sorprendeu, que o padecesen un de cada 150 persoas no mundo e que na nosa comarca houbera tantos casos diagnosticados.
Por último, colgamos de todas as aulas globos azuis para facelo visible a toda a comunidade.
A volta das vacacións presentouse
moi activa no noso cole pois, , o alumnado de 4º, 5º e 6º realizamos un
obradoiro de alfombras florais.
Agradecer en primeiro lugar a Rosa,
Mari, Chefi, Rafa e Ataulfo, membros da asociación de afombristas, a paciencia
que tiveron con nós e sobre todo que poñan tanto empeño en que os nenos e nenas
continuemos cunha tradición tan arraigada na nosa vila como é a da elaboración
de alfombras florais.
Engadir que o pasamos superbén e que
nos comprometemos a participar na próxima edición. Sabemos que este ano o temas
xirará ao redor da LINGUA, polo que o noso cole participará elaborando con flores un poema.
No seguinte vídeo pódese ver unha galería de imaxes e comprobar o fermosa que resultou a actividade.
Un ano maís o noso colexio uneuse a conmemoración do DÍA DA MULLER, con diferentes actividades dentro e fóra das aulas.
Dende o equipo da biblioteca propúxose traballar a biografía de María Marte, chef da República Dominicana, afincada en Cataluña e que é un auténtico exemplo de superación, uníndoo así co PDI de este curso.
O día 9 de marzo, foi o día eloxido polo CIM, para a celebración do día da muller para os centros escolares. Como en anos anteriores procedeuse a entrega dos premios de ilustración e viñeta, no que LAURA BROCOS de 6ºA foi premiada cunha mención especial.
Por primeira vez convocouse un certame literario e tamén aquí, no apartado de relato curto, tivo o noso cole recoñecemento no traballo en equipo que UNAI PARADA, LAURA PÉREZ E MIGUEL PIÑEIRO DE 5ºB, fixeron sobre a biografía de María Purificación Gómez González.
Neste acto, os encargados de facer a declaración institucional foi o alumnado de cuarto do noso centro. Debemos resaltar que fixeron un traballo fermosísimo no que homenaxearon tanto as mulleres famosas como as cercanas, falando con orgullo de Rosalía de Castro, Irene Villa ou Malala,... pero tamén das súas nais, avoas, bisavoas, curmás ou veciñas.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog da biblioteca e obter máis información:
O 24 de febreiro é un día especial no noso cole!Porque ... Quen non celebra o seu aniversario cunha festa?
Pois iso! A nosa galega máis ilustre, a muller máis coñecida dentro e fóra das nosas fronteiras naceu un día como de hoxe, hai nada máis e nada menos:
181 ANOS!
As fiestras de "A PEDRA" enchéronse de carteis como este, na que simbolicamente queriamos expresar que abriramos as fiestras para amosala ao mundo enteiro..
Rosalía conseguiu á proposta do equipo de Biblioteca e Dinamización aunar as voces de todo o alumnado do centro, recitando un mesmo poema, extraído de CANTARES GALLEGOS.
Este poema que comeza: Has de cantar meniña ... fálanos dos boliños de pote,das papas de leite ou das sopas de viño, así que perfecto para investigar sobre estos tradicionais manxares galegos, e medrar un pouco máis no noso proxecto: "UNHA ENCHENTE DE
Cada clase interpretouno dun xeito diferente, pero, sen lugar a dúbidas, todos e todas o fixeron MAXISTRALMENTE.
Publicamos hoxe algunha das gravacións pero en días posteriores, iranse cogando o de todas as clases.