O pasado venres, 6 de abril, todos os colexios da comarca de O Morrazo, aunamos as nosas forzas para que O AUTISMO, se fixese visible.
Empezamos por ler un manifesto, no que, en primeiro lugar nos contaban en que consiste esta discapacidade e despois se facía un relato das reinvidicacións.
Nas clases, léronse contos e víronse vídeos. Moitos de nós, nuca oiramos falar do autismo, polo que nos sorprendeu, que o padecesen un de cada 150 persoas no mundo e que na nosa comarca houbera tantos casos diagnosticados.
Por último, colgamos de todas as aulas globos azuis para facelo visible a toda a comunidade.
12/4/18
OBRADOIRO DE ALFOMBRAS FLORAIS
A volta das vacacións presentouse
moi activa no noso cole pois, , o alumnado de 4º, 5º e 6º realizamos un
obradoiro de alfombras florais.
Agradecer en primeiro lugar a Rosa,
Mari, Chefi, Rafa e Ataulfo, membros da asociación de afombristas, a paciencia
que tiveron con nós e sobre todo que poñan tanto empeño en que os nenos e nenas
continuemos cunha tradición tan arraigada na nosa vila como é a da elaboración
de alfombras florais.
Engadir que o pasamos superbén e que
nos comprometemos a participar na próxima edición. Sabemos que este ano o temas
xirará ao redor da LINGUA, polo que o noso cole participará elaborando con flores un poema.
No seguinte vídeo pódese ver unha galería de imaxes e comprobar o fermosa que resultou a actividade.
2/4/18
DÍA DA MULLER NO COLEXIO A PEDRA
Un ano maís o noso colexio uneuse a conmemoración do DÍA DA MULLER, con diferentes actividades dentro e fóra das aulas.
Dende o equipo da biblioteca propúxose traballar a biografía de María Marte, chef da República Dominicana, afincada en Cataluña e que é un auténtico exemplo de superación, uníndoo así co PDI de este curso.
O día 9 de marzo, foi o día eloxido polo CIM, para a celebración do día da muller para os centros escolares. Como en anos anteriores procedeuse a entrega dos premios de ilustración e viñeta, no que LAURA BROCOS de 6ºA foi premiada cunha mención especial.
Por primeira vez convocouse un certame literario e tamén aquí, no apartado de relato curto, tivo o noso cole recoñecemento no traballo en equipo que UNAI PARADA, LAURA PÉREZ E MIGUEL PIÑEIRO DE 5ºB, fixeron sobre a biografía de María Purificación Gómez González.
Neste acto, os encargados de facer a declaración institucional foi o alumnado de cuarto do noso centro. Debemos resaltar que fixeron un traballo fermosísimo no que homenaxearon tanto as mulleres famosas como as cercanas, falando con orgullo de Rosalía de Castro, Irene Villa ou Malala,... pero tamén das súas nais, avoas, bisavoas, curmás ou veciñas.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog da biblioteca e obter máis información:
Dende o equipo da biblioteca propúxose traballar a biografía de María Marte, chef da República Dominicana, afincada en Cataluña e que é un auténtico exemplo de superación, uníndoo así co PDI de este curso.
O día 9 de marzo, foi o día eloxido polo CIM, para a celebración do día da muller para os centros escolares. Como en anos anteriores procedeuse a entrega dos premios de ilustración e viñeta, no que LAURA BROCOS de 6ºA foi premiada cunha mención especial.


Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog da biblioteca e obter máis información:
10/3/18
MULLERES FAMOSAS MULLERES NOSAS
Esta fermosa activdade foi realizada polo alumnado de cuarto do noso colexio, para conmemorar o DÍA DO MULLER TRABALLADORA.
A representación tivo lugar no Centro social do Mar de Bueu, nun acto convocado polo CIM do Concello de Bueu o pasado 9 de marzo.
24/2/18
ROSALIANDO NA PEDRA 2018
O 24 de febreiro é un día especial no noso cole!Porque ... Quen non celebra o seu aniversario cunha festa?
Pois iso! A nosa galega máis ilustre, a muller máis coñecida dentro e fóra das nosas fronteiras naceu un día como de hoxe, hai nada máis e nada menos:
181 ANOS!
As fiestras de "A PEDRA" enchéronse de carteis como este, na que simbolicamente queriamos expresar que abriramos as fiestras para amosala ao mundo enteiro..

Rosalía conseguiu á proposta do equipo de Biblioteca e Dinamización aunar as voces de todo o alumnado do centro, recitando un mesmo poema, extraído de CANTARES GALLEGOS.
Este poema que comeza: Has de cantar meniña ... fálanos dos boliños de pote, das papas de leite ou das sopas de viño, así que perfecto para investigar sobre estos tradicionais manxares galegos, e medrar un pouco máis no noso proxecto: "UNHA ENCHENTE DE
Cada clase interpretouno dun xeito diferente, pero, sen lugar a dúbidas, todos e todas o fixeron MAXISTRALMENTE.
Publicamos hoxe algunha das gravacións pero en días posteriores, iranse cogando o de todas as clases.
Publicamos hoxe algunha das gravacións pero en días posteriores, iranse cogando o de todas as clases.
Empezamos pola tenrura dos máis pequeniños.
4º de E. Infantil " TRASNOS"
5º de E. Infantil "PELOUROS"
6º de E. Infantil " ESTRELAS VERMELLAS"
6º de E. Infantil " ESTRELAS AZUIS"
1º A Primaria
1º B Primaria
2º A Primaria
2º B Primaria
2º B Primaria
3º Primaria
4º A Primaria
4º B Primaria
5º Primaria
6º Primaria
14/2/18
MENUDO ENTROIDO!
Este foi o díptico que cada familia recibiu nos seu fogares para informarlles que todo estaba preparado para a gran festa do 9 de febreiro nas rúas de Bueu.
Amorodos, cenoiras, tarros de mel, peixiños, camareiros, menús saudables e cociñeiros! Todo listo para ter unha boa enchente de troula e festa rachada no ENTROIDO 2018 no colexio A PEDRA.
AMORODOS
CENOIRAS
TARROS DE MEL
PEIXIÑOS DE CORES
CAMAREIROS E CAMAREIRAS
MENÚS SAUDABLES
COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS
Primeiro empezaron os nenos e nenas de infantil, que con música da banda sonora de Fruttis cantaron de xeito maxistral esta letriña:
Foi o turno, logo, do alumnado de primeiro e segundo de Primaria, que interpretaron á perfección a súa peza: AS CENOIRAS MELOSAS, con música de A Abella Maia.
Tocoulles saír ao escenario, despois, ao alumnado de terceiro e quinto, que estando inmersos no proxecto TEI quixeron interpretar xuntos a cantiga BAIXO O MAR, con música da canción do mesmo nome da peli da Sereíña.
Finalmente saíron os rapaces e rapazas de cuarto e sexto de primaria. Con música de Échame la culpa de Luís Fonsi cantaron a súa copla denominada O NOSO DESEXO.
Ao rematar as cantigas e co estómago protestando pola fame, todo o alumnado regresou as súas aulas para dar boa conta dos suculentos manxares en forma de filloas, orellas, flores, chulas, ... que as familias prepararan. E que non podemos esquencer que estamos inmersos nun
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN!!!!!
4/2/18
DÍA DA PAZ
Este lema tan significativo preside o mural que agora ocupa a entrada do noso cole para conmemorar o día da paz, e que ademais, concorda á perfección co proxecto do centro.
Cada clase traballou decorou nas aulas unha das palabras das pingas que caen das culleres, para que formaran parte desta preciosa postal.
O alumnado de infantil alimenta o seu corazón con amizade,sorrisos, aloumiños, agarimos, xenerosidade e valentía:
Trea anos A
3 anos B
4 anos A
4 anos B
5 anos A
5 anos B
O alumnado de primaria alimentaron os seus corazóns con: tolerancia, solidariedade, comprensión, compromiso, igualdade, empatía, xustiza, entendemento, respecto, cooperación, verdade e diálogo.
1ºA
1ºB
2ºA
2º B
3º A
3º B
4º A
4º B
5º A
5º B
6º A
6º B
O día 30 de xaneiro, día da paz, xuntámonos todos no patio cuberto do cole. Cantamos todos xuntos a canción "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumasa do seu álbum Xiqui Xoque fiú fiú. Así soaba de ben:
Cantáronse, asemade, cancións en inglés, castelán, inglés e unha en francés, interpretada só polo aumnado de sexto.. Posteriormente ceibáronse pombas como símbolo de Paz.
Posteriormente o alumnado de infantil voltou ao seu centro.
Os nenos e nenas de primaria, tamén volveron para as súas aulas pero alí esperáballe unha sorpresa que nunca ían esquecer.
En todas as aulas desta etapa había tres mesas tapadas, unha grande, outra mediana e a última pequena. Os rapaces e rapazas tiña que buscar na pizarra en que mesa debía sentar, dependendo do país que nos días previos traballaran.
A sorpresa veu cando se levantaron os papeis e comprobaron que:
A mesa grande só contiña unha barra de pan e unha botella de auga.
A mesa mediana, ademáis do pan e da auga contiña algún alimento máis.
Porén, a mesa mediana estaba repleta de alimentose refrescos a fartar.
Nos faltaron as bágoas ao decatarse de que ocupaban os lugares do países que investigaran e o que o que estaban vivindo reflectía a inxustiza do mundo no que vivían.
Sorprendeu como os que ocupaban as cadeiras dos países pobres foron capaces de organizarse para repartirse o pouco que tiñan.
As reaccións das outras mesas foron diversas, nos países emerxentes había quen se conformaba, quen sentía pena polos pobres ou quen sentía envexa polos ricos.
Foi sorprendente a reacción dos ricos, pois houbo quen se sentiu perfectamente e comeu e bebeu sen medida, pero os que máis dicían que tiñan un nó no estómago e que non eran quen de probar alimento sen compartir cos que non tiñan.
Despois dun longo debate e de reflexionar, a comida foi repartida.
Sen dúbida ningunha:
UNHA XORNADA INESQUECIBLE!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



