16/5/16

LETRAS GALEGAS

A entrada do noso cole está dende hai unha semana máis bonita que nunca. Un precioso mural, co lema "SOÑANDO GALICIA". en alusión ao famoso libro "OS SOÑOS NA GAIOLA" de MANUEL MARÍA chama a atención de toda a comunidade escolar.
En primeiro lugar debemos agradecer a profe Geli que é a deseñadora desta preciosa obra  e despois a todo o alumnado do colexio dende o cuarto curso de Educación Infantil ata sexto de Educación Primaria, pois todos aportaron o seu anaquiño. O proxecto consistiu en que cada aula traballaría un poema de Os Soños na Gaiola e ademais o debuxarían para seren integrados nunha paisaxe galega. O reparto dos poemas foi o seguinte:
 4º de Educación Infantil: O Caracol e A Bolboreta. 

  • 5º de Educación Infantil: O Gato e O Galo. 


    6º de Educación Infantil: O Lobo e A Vaca.
                                    
     1º Educación Primaria: O Tractor e O Carro

    2º de Educación Primaria: A Andoriña e O Merlo.



3º de Educación Primaria: O Labrego e O Afiador.

4º de Educación Promaria: O Muíño e A Muiñeira.

 5º de Educación Primaria: O Año e O Pastor.
6º de Educación Primaria: O Vento e O Lume.


Como en anos anteriores volve o concurso: 
Que sabes de Manuel María?
O pasado venres 13 de maio, foi o día elixido para a celbración do Dia das Letras Galegas.
Todo o alumnado do centro recibíu un pin de agasallo co lema "O Galego esta en nós" deseñado pola profe do IES Joham Carballeira María Xosé Ares.

 O alumnado tivo ocasión de ver o video: "VIVINDO EN GALEGO" e posteriormente acudiron a escoitar e gozar coa vida e obra de Manuel María, contada polo alumnado de terceiro e cuarto.
                                    


:
Neste vídeo podedes comprobar o bonito traballo realizado polo alumnado de terceiro e cuarto:


15/5/16

VIVINDO EN GALEGO!

A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de Centros Educativos do Morrazo acaba de publicar un vídeo no que colaboraron desinteresadamente diferentes persoas representativas das máis diversas profesións.
O traballo foi  coordinado por Carmen Pérez Fernández representante do IES A Paralaia de Moaña. Para ela en primeiro lugar o noso agradacemento non só por propoñer esta tarefa e animar  senón, e sobre todo, por ocuparse da montaxe do vídeo que foi sen dúbida un arduo traballo.
O noso colexio tamén aportou o seu graniño de area e no audiovisual podemos ver a María, nai de Fidel, a Ana, nai de Brais, e a Bibi, nai de Xoel. Tamén aparece Wika, moza polaca que representa ao sector turismo, amiga dunha mestra do cole.
Unha mención especial merencen Manolo Castro, pai de Martiño, Martín pai de Miguel, Álvaro e María e Marga, nai de Antía. Estas persoas gravaron tamén as súas experiencias como persoas galego falantes pero por motivo de repetición de profesións ou do espazo non aprecen na montaxe final
. GRAZAS!

8/5/16

KAMISHIBAI MANUEL MARÍA

O  alumnado de terceiro e cuarto do noso cole realizou un bonito traballo sobre a vida e a obra de Manuel .María. 
Tras repartirse a tarefa, as catro aaulas trabalaron arreo pero con ilusión. O obxectivo era lelo, en formato de Kamishibai, durante a semana das Letras Galegas nos Centros de Día de maiores , nos Centros de Educación Infantil da nosa vila e ao resto do alumnado do noso centro.
En este blog esperamos publicar estas bonitas experiencias.

1/5/16

" A MÁSCARA DO LEÓN" CURTAMETRAXE DO ALUMNADO DE 5º DE E. INFANTIL

O estabamos esperando! O alumnado de 5º de Educación Infantil traballou sen folgos pero ao final o acadaron. Si, a súa peli está rematada.
 Queredes ver como se levou a cabo proceso?
 Pois abride ben os ollos porque no vídeo que ides ver comprobaredes como estes pequenos e pequenas son produtores e produtoras, actores e actrices, deseñadores e deseñadoras de escenarios e vestiarios , compositores e compositoras ...
 Imos deixarlle o papel de directoras ás profes Cris e María.
 O resultado é incrible. Dende este momento os nomeamos campións, pero non só do certame "Nós tamén creamos ". Para a comunidade escolar do CEIP Plurilingüe "A Pedra" son os gañadores dos "Goya" , dos "Oscar" e como non, do Certame de Curtametraxes de Bueu.
Parabéns rapaces e rapazas!
Gozade deste vídeo porque ademáis de estar xenialmente feito, é dunha gran tenrura.

VÍDEOCONFERENCIA: ARPA LEAP MOTION

O pasado martes, 26 de abril, o alumnado de 5º e 6º do noso cole estaba citado na sala de usos múltiples para asisitir a vídeoconferencia: "Arpa leap motion" por parte de Susana Oubiña.
O alumnado chegou puntual e as 11:30 en punto produciuse a conexión en directo.

A relatora tras unha breve introdución comezou a explicar como programar un arpa usando o programa Scratch 2,0 e o dispositivo leap motion.



O obxectivo era facer soar o intrumento simplemente movento as nosas mans no aire. 
Tratouse dunha interesante exposición pero resultou moi complicada de entender para o alumnado destas idades. Non acadou, polo tanto o éxito esperado.
Porén, dende o noso centro queremos expresar o noso agradecemento en primeiro lugar a Susana Oubiña,despois aos compoñentes do equipo da Coordinadora Galega de equipos de Normaización e Dinamización ligüística e a todas as persoas que traballaron arreo para que este proxecto se levara a cabo.


24/4/16

MANUEL MARÍA

Ante a proximidade da celebración da gran festa das letras galegas, queremos dende este blog ofrecer diferentes materiais ou enlaces aos que recurrir para traballar a figura do autor homenaxeado:
Manuel María.
Preme aquí na seguinte imaxe para poder acceder:

14/4/16

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: AS NOSAS MULLERES

O vestíbulo do noso cole está dende hai algúns días invadido de  fotos de avoas, bisavoas e ata tataravoas, de moitos dos nosos alumnos e alumnas.
Esta exposición fotográfica trata de render unha merecida homenaxe a esas mulleres que co seu tesón  e esforzo  acadaron o que esta vila de Bueu é hoxe en día. Elas foron: nais, na maioría das veces de familias moi numerosas, amas de casa e  tamén costureiras, obreiras das fábricas conserveiras, traballadoras do campo, mestras, …É  Bueu  terra mariñeira, e moitos  homes  tiñan que navegar en mares lonxanos pasando longas tempadas fóra do fogar. Foron, polo tanto, estas  mulleres as que  tomaron as rendas do fogar.
Non son todas pero é  bonita unha bonita mostra!
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras  imaxes. 
Así mesmo nesta presentación podedes ir  botándolle unha ollada.