24/4/16

MANUEL MARÍA

Ante a proximidade da celebración da gran festa das letras galegas, queremos dende este blog ofrecer diferentes materiais ou enlaces aos que recurrir para traballar a figura do autor homenaxeado:
Manuel María.
Preme aquí na seguinte imaxe para poder acceder:

14/4/16

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: AS NOSAS MULLERES

O vestíbulo do noso cole está dende hai algúns días invadido de  fotos de avoas, bisavoas e ata tataravoas, de moitos dos nosos alumnos e alumnas.
Esta exposición fotográfica trata de render unha merecida homenaxe a esas mulleres que co seu tesón  e esforzo  acadaron o que esta vila de Bueu é hoxe en día. Elas foron: nais, na maioría das veces de familias moi numerosas, amas de casa e  tamén costureiras, obreiras das fábricas conserveiras, traballadoras do campo, mestras, …É  Bueu  terra mariñeira, e moitos  homes  tiñan que navegar en mares lonxanos pasando longas tempadas fóra do fogar. Foron, polo tanto, estas  mulleres as que  tomaron as rendas do fogar.
Non son todas pero é  bonita unha bonita mostra!
As portas do centro están abertas para que todo o que queira para gozar destas tenras  imaxes. 
Así mesmo nesta presentación podedes ir  botándolle unha ollada. 

10/4/16

NÓS TAMÉN CREAMOS


O alumnado de 5º de E. Infantil dirixidas polas súas intrépidas profes, María e Cris, estanse convertimdo en auténticos realizadores dunha curtametraxe de animación.
 Si, si así como o ledes. Participan no certame "Nós tamén creamos", convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este certame ten por obxectivo promover unha imaxe positiva da lingua galega e vense desenvolvendo con notable éxito dende o 2010.
 Podedes saber máis sobre o traballo destes pequenos e pequenas premendo naimaxe.

Xa están dando os seus primiros pasos, como non, coa banda sonora da curta, e que foi creada e elexida polos eles mesmos:
Preme agora na seguinte imaxe:
Isto ten moi boa pinta, aque si? estaremos moi atentos a todos os avances que os nosos amigos e amigas van dando nesta aventura pola sabana.

3/4/16

XORNADAS DE CONVIVENCIA NO CEE JUAN XXIII

O alumnado  de terceiro e cuarto gozaron en sendas xornadas dunha mañá no centro ocupacional e de día para persoas discapacitadas "Juan XXIII de Cangas"
Todo o alumnado coincide ao afirmar que foi unha das mellores visitas da súa vida. Contan que a súa mentalidade por completo e que agora saben que os discapacitados e discapacitadas son quen de facer moitas cousas tan ben ou incluso mellor que eles. Visitaron os talleres e traballaron cóbado a cóbado con eles: Carpintería, confección de alfombras, manualidades, cociña, obradoiros de memoria, comunicación ...

Nestes vídeos pódese comprobar o interesante destas xornadas:

10/3/16

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Este ano o noso colexio ten decidido homenaxear ás avoas traballadoras que tanto inflúen na nosa educación e que tantas cousas boas teñen que trasmitirnos.
Así, estanse a recopilar fotos antigas desas mulleres que foron construíndo a nosa vila co seu esforzo e tesón, pero ademais o día 8 de marzo dúas desas avoas viñeron contarnos as súas experiencias.
Para poder saber un pouco máis sobre este acontecemento, premede na imaxe:

28/2/16

VISITA, Á GALIÑA AZUL.

O alumnado de terceiro do no colexio, foi visitar o pasado xoves, 25 de febreiro aos pequeniños do centro de Educación Infantil "A Galiña azul.
Preme na imaxe para saber máis sobre esta actividade:

8/2/16

ENTROIDO ESPACIAL

A Pedra tivo este ano
Un Entroido moi espacial.

En primeirísimo  lugar
Os Planetas do Sistema Solar,
As Estrelas e as Lúas
acompañáronos polas rúas.


Do espazo máis lonxano
Chegaron os Marcianos
e non pararon de troulear
Cos Personaxes de Star War.

Poñéndolle unha música festeira podería ser esta, unha letriña dunha cantiga de Entroido. 
Ante a aproximidade dun Entroido moi madrugador no 2016, xa a volta das vacacións de Nadal, puxémonos a matinar no que cada grupo íase disfrazar. Non era difícil de imaxinar cal ía ser o tema. Só tiñamos que repartir os personaxes e diseñar os modelos. 
Este foi o resultado final.


 ALUMNADO DE E. INFANTIL: SISTEMA SOLAR

ALUMNADO DE 1º: ESTRELAS

ALUMNADO DE 2º: LÚAS




ALUMNADO DE 3º E 4º: ALIENÍXENAS
 ALUMNADO DE 5º E 6: PERSONAXES DE STAR WAR
Como en anos anteriores percorrimos as rúas de Bueu, e..
 A nosa vila volveuse encher de ledicia!

Tivemos moitísoma sorte porque o bo tempo fixo acto de presenza durante toda a xornada. Ademais da propia alegría de ver a tantos nenos e nenas, o grupo de gaitas Manxadoira acompañounos todo o camiño.

Na praza do concello cantamos as copliñas que preparamos nas aulas.
O alumnado de segundo aproveitando que este ano adícaselle o día das letras galegas a Manuel María, versionou musicalmente o poema de "A Lúa" do autor da Terra Cha:
A Lúa

A señora Lúa
inda está solteira.
¡ A señora Lúa,
a Lúa lueira!

A Lúa lueira,
a señora Lúa:
¡ ten gana de troula
e quere ir de rúa !

¡E quere ir de rúa,
de troula ir quería,
que sente morriña
e melancolía !

A señora Lúa,
a Lúa rueira,
como anda de noite,
sempre está tristeira.

Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.

Que a señora Lúa
co sol quere casar.
¿ E ándao buscando
sen podelo achar!

A señora Lúa,
a Lúa tristeira;
¡ Se non dá co Sol
quedará solteira !

O alumnado de terceiro e cuarto compuxeron un Rap Espacial

 RAP ESPACIAL

Chegamos nunha nave
pero ninguén o sabe,
podes vernos agora
que estamos todos fóra.

Nós vimos de Orión
que mola mogollón
coa máquina do tempo
chegamos nun momento.

Algúns vimos de Marte
e queremos animarte,
axudarte a investigar
o  espazo sideral.
RETROUSO

De Andrómeda viñemos
por un burato negro
nun “plis plas” chegamos
e con vós quedamos.

Agora chega o turno
dos que vimos de Saturno
somos máis de vinte
e chegamos nun intre.
RETROUSO

A xornada festiva rematou nas  aulas onde   puidemos saborear os postres de Entroido!
A un polbiño atopamos
Que Papirus chamamos
Falounos un montón
Dun cole moi molón,

Contounos que na Pedra
Están a investigar
E sobre o espazo
Queren todo pescudar.
RETROUSO

Os extraterrestres
Queremos axudar
E tanto traballo
Imos recompensar

Subide a nosa nave
ímosvos convidar
a facer una viaxe
una viaxe estelar

10-9-8  que medo!!!
7-6-5  que emoción!!!
4-3-2 Preparados
1 cerooooooooooooooo!!!