Como xa sabedes o 27 de marzo celebrouse o Dia Internacional do Teatro. Este ano o encargado de facer o manifesto foi o Premio Nobel de Literatura, Darío Fo.
Se premedes na seguinte ligazón poderedes ler dito manifesto.
http://www.redescena.net/actualidad/ficha.php?id=5022
28/3/13
21/3/13
DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O vindeiro mércores 27 de marzo celébrase o día internacional do teatro.O ano pasado cumpríronse cincuenta anos dende que o Instituto Internacional do Teatro da UNESCO (ITI) instaurou esta data ,un dos actos máis representativos é a difusión dunha mensaxe escrita por unha personalidade de prestixio do mundo teatral.Para esa ocasión especial o elixido foi o actor John Malkovich.Este ano está aínda por derterminar.
No colexio da Pedra quixemos poñer o noso granciño de area para conmemorar esta data, así os nenos de 1º foron actores e actrices que souberon expresar moitas emocións e sentimentos mentras pousaban para unha foto.
O resultado podedes velo no mural da entrada, son uns auténticos artistas!

10/3/13
8 DE MARZO , DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Este pasado venres 8 de marzo , no cole da Pedra lembramos con agarimo a todas as mulleres que están cada día preto de nós , que nos axudan e nos dan aloumiños : nais, avoas, irmás, madriñas, amigas... Decidimos darlles as grazas facéndolles estas tarxetas que podedes ver nos murais dos corredores.
Ademais os nenos e nenas do terceiro ciclo participaron nun certame plástico convocado polo CIM polo día da muller e houbo varios premiados.Podedes atopar máis información na seginte ligazón.
http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/03/8-de-marzo-dia-internacional-da-muller_9.html
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2013/03/concurso-vineta-e-ilustracion.html

6/3/13
A LETRA MIÚDA
A Letra Miúda vén de engadir un interesante traballo ao seu nº 2 ,dos profesores da UPV/EHU Félix Etxeberría e Juan Etxeberria, "Competencia lingüística e lingua da escola con alumnado nativo e inmigrante". Convidámosvos a visitar máis devagar esta publicación dixital, os artigos anteriores e a sección de "Recomendacións", onde atoparedes un bo feixe de referencias de aplicación nas aulas, nos centros e o seu contorno.lumnado inmigrante.
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/
OLLOS DE AULA Nº 5
Aquí vos deixo o nº 5 de OLLOS DE AULA con artigos como: "Aprobar ou aprender?", " Como reaccionar ante os suspensos dos fillos"ou" Cinco claves para entender o plurilingüismo"
Seguro que son do voso interese.
Seguro que son do voso interese.
5/3/13
RECITANDO A ROSALÍA
Dende o 24 de febreiro no que conmemoramos o aniversario de Rosalía no cole da Pedra estivemos facendo recitado de poemas do seu libro CANTARES GALLEGOS , que cumpre 150 anos dende a súa publicación.
Estes son algúns dos resultados. Mirade!
Estes son algúns dos resultados. Mirade!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)