Unha morea de personaxes de cómic invadiron a entrada do noso cole, todos con sabor a cabaza!. Comezaron a chegar de todas partes e case non dabamos feito para colocalas no seu lugar. Un lugar privilexiado , para que todos puderamos observalas detidamente , deleitándonos coa súa beleza e complexidade.
Resulta moi gratificante comprobar a resposta das familias nesta actividade tan especial.
O listón está moi alto!
Parabéns aos artistas!
30/10/13
O CASTELO DO PESADELO
Este ano polo Samaín, o cole da Pedra convertiuse no Castelo do Pesadelo.

Desde todos os recunchos de 1º a 6º xurdiron pensamentos terroríficos, personaxes malvados, historias que nos fan tremer de medo. Todas elas quedaron penduradas no Castelo, en forma de pantasmas que se moven pululando polo espazo abandoado.
Achegádevos a lelas se vos atrevedes!
No 3º ciclo saíron historias verdadeiramente terroríficas! Botádelle un ollo.
http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/11/o-castelo-do-pesadelo.html

ANIVERSARIO DE PAPIRUS
O pasado 24 de outubro celebramos un ano máis o día das bibliotecas escolares e con moita ilusión tamén o aniversario de Papirus. Este ano foi por todo o alto, aínda que el non puido estar con nós. Deixounos unha fermosa carta contándonos as súas aventuras no verán, así soubemos que :
Preparou un video coa axuda da súa amiga a vieira Cocorola: "O POLBIÑO LECTOR",
Foi visitar no verán o cole do Carballal en Marín , e Victor o profe de música agasallouno cunha bonita canción, que todos lle cantamos no seu aniversario.
Falounos do proxecto ENTRE VIÑETAS que será o noso eixo de traballo deste ano, arredor do mundo do cómic. Ademais sorprendeunos a todos cunha aventura súa na compaña das tartarugas Tambo e Onza, que o seu amigo Miguel Angel Trasierra "TRASSIWOLF" convertiu en TBO
Por último agasallámolo cunhas fermosas tarxetas e cantamos "Parabens para ti "diante do marabilloso mural que nos pintou David no Bibliocastelo.
7/10/13
OLLOS DE AULA
Temos xa á nosa disposición o nº 9 da revista Ollos de aula. Conta coma sempre con temas interesantes e de actualidade relacionados co ensino.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)