Botádelle un ollo a estas dúas páxinas interesantes que envia a CGENDL (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística).Unha é un monográfico sobre Roberto Vidal Bolaño, con recursos didácticos elaborados polos centros, e outra é unha compilación de xogos populares que forma parte dun proxecto titulado Enredamos, do CEIP de Campolongo (Pontevedra).
http://coordinadoraendl.org/letras2013
http://enredoscampolongo.blogspot.com.es
29/4/13
28/4/13
VISITA DE XABIER DOCAMPO
Este pasado xoves 25 de abril, e como parte das actividades para celebrar o día do libro, tivemos a sorte de recibir no noso bibliocastelo a visita de Xavier Docampo. Foron os nenos e nenas de 6º os que despois de ler o seu libro, O misterio das badaladas quedaron prendados da historia e propuxéronlle ao seu autor resolver unha serie de enigmas que lle tiñan preparados. Resultou moi interesante e divertido polo que lle agradecemos moito a súa visita.
Premede nas seguintes ligazóns para ver máis desta actividade.
http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/04/hoxe-foi-un-diaespecial-no-noso.html
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2013/04/xabier-docampo-visita-o-bibliocastelo.html

Premede nas seguintes ligazóns para ver máis desta actividade.
http://terceirocicloapedra.blogspot.com.es/2013/04/hoxe-foi-un-diaespecial-no-noso.html
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2013/04/xabier-docampo-visita-o-bibliocastelo.html
17/4/13
LETRAS GALEGAS 2013
Para saber máis de Roberto Vidal Bolaño ,premede na seguinte ligazón:
http://letrasgalegasapedrapapirus.blogspot.com.es/search/label/Roberto%20Vidal%20Bola%C3%B1o
14/4/13
ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Este ano 2013 , o homenaxeado no Día das Letras Galegas é o actor, autor e director teatral Roberto Vidal Bolaño. Unha figura inesquecible e imprescindible no teatro galego contemporáneo.
Se queredes coñecelo un pouco animádevos a navegar polas páxinas deste LIM.
Se queredes coñecelo un pouco animádevos a navegar polas páxinas deste LIM.
8/4/13
A LETRA MIÚDA
Premede na seguite ligazón para acceder ao nº 3 da revista "A letra miúda",que abre o trimestre abril-xuño con dous traballos centrados no galego exterior e na análise do Decreto 124/2007, que elevaba a presenza do galego no ensino e que foi derrogado polo goberno da Xunta . Ademais, non deixedes de consultar as "Recomendacións", sección na que a través de artigos, recensións e ligazóns atoparedes referencias orientadas cara a outros focos de interese deste número como son a aprendizaxe da lectoescritura, a análise xurídica do actual Decreto do Plurilingüismo ou a integración do alumnado inmigrante en Europa.
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php

7/4/13
OLLOS DE AULA Nº 6
En abril , unha nova entrega de "Ollos de aula".Neste nº atoparedes artigos sobre a lectura xa que este é o mes do libro, e tamén a cerca dunha etapa da vida que resulta as veces bastante problemática , a adolescencia.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)