12/5/17

VII CORRELINGUA NO MORRAZO

O pasado martes, 9 de maio, o alumnado do CEIP P. "A Pedra", volvemos deixar os nosos pupitres baleiros, para dirixirnos a Moaña. Iamos todos coas nosas camisetas brancas, decoradas con fermosas palabras en galego,  unhas simpáticas gorras laranxas, agasaio da organizaciónas  e as chapas co lema do corrrelingua.

Alí atopámonos cerca de 3 000 rapaces e rapazas da comarca do Morrazo para celebrar a FESTA DA LINGUA.
Este ano fixémolo baixo o lema:
EN GALEGO SEN CANCELAS!
O alumnado de E. Infantil dirixiuse directamente a praza, para en compañía doutros nenos e nenas da súa mesma idade ensaiar unha coreografías.
Por outra banda, o alumnado de E. Primaria foi ás pistas de atletismo da Xunqueira para sumarse á marcha.

Ao rematar a andaina, todo o alumnado, xa xuntos, gozamos do concerto de Pablo Díaz e a súa banda, que nos presentou o seu último disco: TIC, TAC ,TOC.

Amosámosvos este vídeo para que este fermoso día poida perdurar no recordo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario