24/4/19

COÑECENDO A ANTÓN FRAGUAS

Este ano o autor homenaxeado nas Letras Galegas é o escritor, etnógtrafo,  antropólo e  historiador Antón Fraguas.
Como cada ano O SEMINARIO GALÁN ofrécenos unha serie de variadas e entretidas actividades para coñecer mellor a vida e obra do autor.
Clicando na seguinte imaxe poderedes acceder a actividades fotocopiables ou en liña:
Resultado de imagen de anton fraguas

Este ano tamén volvemos contar coas actividade propostas pola RAG, no apartado PRIMAVERA DAS LETRAS.  Igualmente, teremos actividades en formato tradional ou de xeito interactivo.
Clicade na sinatura de Antón Fraguas  para poder realizalas:

Resultado de imagen de anton fraguas

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril ,é o día elixido internacionalmente para conmemorar o día do libro. 
Este ano coincidiu tamén coa volta das vacacións de Pascua. así que empezamos forte.
Para non perder o fío do noso PDI, a biblioteca propuxo a lectura do libro:
" ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS"
Resultado de imagen de ELISA NO PAIS DAS MARABILLAS
Este libro foi elaborado plenamente no obradoiro de creación artística de APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise celebral). A protagonista deste conto, Elisa, que era fermosa aínda que ela non o sabía, padece esta discapacidade. É unha historia que reinvindica o DEREITO A SER DIFERENTE. 
Ao alumnado encantoulle a historia e comprenderon a mensaxe á perfección.
Asemade, invitouse ás familias a vir ao noso cole a lerlle ao nenos e nenas e a resposta está sendo moi positiva, habebdo en moitas aulas listas de espera. 
MOITAS GRAZAS FAMILIAS!

7/4/19

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

O pasado, martes 2 de abril, a comunidade escolar do colexio A Pedra, unímonos á proposta da asociación morracense "ASPAMSIM" elaborando un mural multicolor con cartolinas de cores. Nas clases léronse e víronse vídeos que axudaron ao alumnado a coñecer e comprender un pouco máis O AUTISMO.
Se clicades na seguinte imaxe poderedes acceder ao blog do bibliocastelo e saber un pouco máis sobre esta xornada.

SACHACONTOS

O alumnado de primeiro e quinto do noso colexio tiveron a sorte de ser os elixidos para realizar o ensaio xeral do novo espectáculo de TARABELOS TEATRO  e que leva por título SACHACONTOS.
Durante as sesións cada neno e nena fixo un debuxo que se convertiu posteriormente no protagonista dunha historia.


 Saíron monstros,  robots, animais con moitos ollos ou patas, e así nos creamos o noso propio conto aprendendo a SACHAR CONTOS.
Estamos inmensamente agradecidos a ESTEBAN, en primeiro lugar por facernos vivir un rato tan divertido e en segundo lugar por pensar en nós para facer esta estrea.









EVA MEJUTO NO NOSO COLEXIO

O libro "22 Segundos", foi o libro elixido polo profesorado de sexto como lectura obrigatoria en galego para este curso. o pasado mes de marzo tiveron a sorte de recibir a visita de EVA MEJUTO, autora desta entrañable obra.
Se clicades na seguinte foto poderedes acceder a información  que o blog do BIBLIOCASTELO, publicou no seu momento.

CLUBE DE LECTURA ILLA DE ONS

O alumnado de sexto do noso cole gozou dunha xornada de convivencia no IES Illa de Ons. 
Ao rematar a xornada escolar dirixíronse, acompañados polas profes Macu e Lina,  ao veciño centro escolar. Alí , primeiro compartiron comida e despois xogos, lecturas e moitas risas co alumnado e profesorado que forma parte do clube de Lectura.
No seguinte vídeo, publicado polo IES Illa de Ons, poderedes comprobar o agradable e divertida que resultou esta xornada.


PAPIRUS E OS SETE TRASNIÑOS


Dentro da aventura sobre os Dereitos Humanos, os trasnos decidiron crear unha historia que lles  permitira explicar ao seu modo esas cousas ás que todos e todas temos dereito e que son tan tan importantes: a familia, o tempo de lecer, a vivenda, o traballo, a igualdade, a educación, a sanidade....  e foi así como naceu "Papirus e os sete trasniños" unha adaptación dun conto ben coñecido por todos e todas.

O noso benquerido Papirus e o protagonista desta historia na que se atopa con sete trasniños que lle contan que é iso dos dereitos fundamentais.

O conto de Papirus e os sete trasniños gustoulles tanto nas aulas que, decidiron convertelo nunha película e durante semanas traballaron arreo para conseguilo. Meteron as imaxes no ordenador e déronlle movemento pero... non falaban de modo que.. decidiron que o mellor era poñer as súas voces na película e así foi como se iniciaron na técnica da dobraxe prestándolle a súa  voz aos personaxes da historia.
QUEREDES VER CAL FAI O RESULTADO DESTA FANTÁSTICA ACTIVIDADE?
TOMADE ASENTO PORQUE IDES ALUCINAR!