19/5/19

LETRAS GALEGAS 2019


Este fantástico mural preside a entrada do noso centro para honrar a figura de:
ANTONIO FRAGUAS
A espiral central representan a triple escaleira helicoidal DO MUSEO DO POBO GALEGO, tan importante na vida do autor homenaxeado. Completando o mural atópanse infinidade de fotos de Bueu, aportadas polo alumnado do centro que versan sobre construcións,  embarcacións, oficios, ferramentas, festas ou xogos tradicionais. Tratouse así de emular a figura de Fraguas que dedicou a súa vida a investigación da xente e da cultura galega.
O día 15 de maio todo o alumnado de primaria xuntouse pouco antes da saída para cantaren todos xuntos HIMNO GALEGO. Abríronse as portas do centro e moitas nais, pais, avós e avoas uníronse á rapazada. 
Grazas á batuta de Marta, mestra do noso cole, puidemos entoalo tan ben!


14/5/19

ACTIVIDADES DINAMIZADORAS DAS LETRAS GALEGAS




O mes de maio é  o  mes  DAS LETRAS GALEGAS,  no que  historicamnete se aúnan as forzas en prol da dignificación é o uso da nosa lingua.
No noso cole non podía ser menos. comeUA Bzamos o día dous co CORRELINGUA,  cun lema tan significativo como O GALEGO É A FÓRMULA. Todo  alumnado do noso cole acudiu ao evento cunha palabra galega pegada na súa camiseta.
Este mes é tamén o elixido polo FESTIVAL AUDIOVISUAL DE BOIRO, e que como informamos en páxinas anteriores tivo representación o noso cole grazas á curta que coa técnica de stop motion fixeron nas aulas de 5º de E. Infantil. O vídeo chamado O NOSO ANIVERSARIO   foi galardonado cun diploma ao quedar nominada para a final no apartado de ARTE E MÚSICA.
Ao comezar o mes de maio, e como vén sendo tradición no noso cole reelízase o concurso QUE SABES DE....? e que este ano por suposto trata da figura de ANTONIO FRAGUAS. Como en edicións anteriores está tendo un éxito notable e é un auténtico pracer ver ao alumnado indagando sobre a pregunta proposta poos corredores onde se atopan os murais sobre a figura do homenaxeado.
Este mes tamén estanse multiplicando a visita de escritores galegos.
 A primeira en vir foi AN ALFAYA.
Se clicades nesta foto poderedes obter máis información sobre esta actividade.
Outro autor, moi querido neste centro, e que este mes nos visitou foi ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO, que nos veu falar sobre o libro POEMAR O MAR.
Clicando na imaxe saberedes máis sobre esta visita:
Unha das actividades das que máis se sinte orgullosa o equipo de Dinamización Lingüística do noso colexio foi a charla que veu darnos ao alumnado de cuarto, quinto e sexto., FRANCISCO CALO LOURIDO,  PATRÓN DO MUSEO GALEGO, un home cun curriculum impresionante e que tivo o honor de coñecer personalmente a ANTONIO FRAGUAS. Pois do autor homenaxeado veunos falar así como da súa profesión de etnólogo e antropólogo que ambos compartiron.
Clicando na seguinte foto accederedes ao blog do segundo ciclo para ter máis información sobre esta actividade.

Agora só faltaba festexar o día das LETRAS GALEGAS,  pero ese evento forma parte de outra entrada deste blog.



4/5/19

CORRELINGUA 2019

O pasado venres, o alumnado de E. Infantil e o de primeiro e terceiro de E. Primaria, fomos todos ilusioados e ilusionadas  a festexar o Correlingua na veciña vila de Cangas.

Todos ataviados coas mochilas, as puchas e as camisetas do cole decoradas con fermosas palabras da nosa lingua, dirixímonos alí enchendo cinco autobuses.
Tivemos que esperar un rato para comezar a andaina porque alí había máis de 1000 rapaces e rapazas dos coles da nosa bisbarra pero ao rematar agardábanos  o desexado concerto de:
UXÍA LAMBONA E 
A BANDA MOLONA!
Toda a espera e a calor valeu a pena. Bailamos sen parar! No seguinte vídeo poderedes ver algúns dos momentos desta fantástica xornada.

1/5/19

OS TRASNOS ESTREAN A SÚA CURTAMETRAXE: "O MEU ANIVERSARIO"

Os Trasnillos e Trasniñas do noso cole están  todos emocionados porque despois de traballar arreo durante todo o curso, por fin, puideron facer a estrea da súa curta: O MEU ANIVERSARIO.
Esta peli de animación participará no certame "NOS CREAMOS ", convocado pola Secretaría de Política Lingüística, a TVG e a editorial OQO.


A comunidade escolar estamos orgullosísimos deste grupo de rapaciñas e rapaciños e das súas profes, porque a curta está chea de tenrura, pero sobre todo dun gran esforzo, traballo e calidade. Dende estas páxinas queremos trasmitirlle que , independentemente do resultado do concurso son os:
NOSOS CAMPIÓNS E CAMPIOAS"