5/10/19

ANACOS DE VIDA


As instalacións do colexio A Pedra, enchéronse estes días de cámaras e focos da TVG.
O equipo do programa de televisión Anacos da vida, viñeron a noso cole para que fose a rapazada, a través de fotos antigas, quen contase esas hstorias que fixeron que Bueu sexa hoxe a vila que é.
Gravaron cos pequenos e pequenas dentro do colexio e tamén nos lugares máis emblemáticos da localidade, Peirao, Cruz de Ermelo, Pescadoira, … .
O pasado venres un autobús dos anos cincuenta meteuse nas instalación exteriores do cole e alí continuaron a filmación.
Estamos desexando ver o produto final pero non poderá ser ata finais deste ano. Dende estas páxinas informaremos de novo sobre dita proxección.
Para saber máis sobre este evento clicade no seguinte enlace:
Resultado de imagen de faro de vigo

2/10/19

OS TRASNOS DA PEDRA GAÑADORES DO X CERTAME DOS PREMIOS OUF ESCOLA

Os 50 nenos e nenas que conforman as aulas de de 6º de E. Infantil do colexio acompañados das súas titoras María e Cris, viaxaron o pasado martes, 1 de outubro a cidade de Ourense para recoller o premio ao mellor guion pola curta É O MEU ANIVERSARIO.
Dende esta páxinas queremos mandarlle os nosos orgullosísimos parabéns a tan merecido premio.
Clicando na seguinte imaxe poderedes obter máis información.