24/6/19

FIN DE CURSO EN GALEGO!

Chegamos á meta! Pero a recta final estivo chea de actividades!
Os primeiros que despediron o curso foron os alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria . O fixeron cun emotivo festival no que non fal curso faltaron as bágoas, porque non só lle dicían adeus a un curso senón que se despedían do colexio no que pasaron, a maioría, os últimos 9 anos da súa vida.
Interpretaron varias coreografías nas que salientamos a do poema de Rosalía  PRA HABANA, a canción de AÍ VÉN O MAIO, ou o poema GALIZA, de Manuel María. Tocaron coas frautas "O SON DO AR" de Luar na Lubre entre outras actuacións. Remataron o acto coa graduación do alumnado.
Despois tocoulle despois a quenda ao alumnado de infantil. Foi o pasado xoves, 20 de xuño. Tamén aquí a rapazada de 6º de E. Infantil despedíanse desta etapa, pero os están esperando cos brazos abertos nas aulas de primaria. Non faltaron, tampouco aquí,  as actuacións na nosa lingua.
 Unha obra de teatro, magnificamnete interpretada polo alumnado do último ano:

 "O ELEFANTE COMELLÓN"

Houbo tamén canción co coreografías incluídas:


Xa o día 21 de xuño, todo o alumnado de E. Infantil, despediu o curso  no patio do cole cunha actuación de TARABELOS subencionada pola ANPA. Esteban volveu deleitar ás pequenas e aos pequenos, esta vez con SABELA E O PAXARO MÁXICO.


No centro de primaria tamén estiveron despedindo o curso toda a semana.
O alumnado de terceiro representou CHÍMPATE PEPA, ante as familias e os compañeiros e compañeiras do colexio:



E cantaron OS PEIXIÑOS DO MAR:
Xa o  último día do curso procedeuse á entrega de premios do concurso:
QUE SABES DE ANTONIO FRAGUAS?
Os primeiros en recibir o agasallo foron os máis pequenos de primaria:
Alexandre Calviño Millán , Noa Cordeiro Piñeiro, Pablo Verde Castro  e Anxo  Lemos Taboada.



Os seguintes foron os de segundo de primaria:
Valeria García Verde , Eloy Araujo Patiño, Mariña Santiago Pazó e Carmen Pazó Rodriguez:



Tocoulle despois ao afortunados e afortunadas de terceiro de primaria:
Inés Ferradás Verde, Paula Freire Lores,  Alexandra Lis Fazanes e  María Pastoriza Cordero.



Foi logo a quenda do alumnado de cuarto de primaria:
Mariña Fernández Calo, Catalina González Cabodevila, Noa Pastoriza Gutiérrez e Andrea  Cereijo Estévez.



Os últimos en recibir o agasallo foron os nenos e nenas de quinto, pois o alumnado de sexto xa o recibira o día da súa graduación:
Mario Díaz Barros, Hugo  Estévez Entenza,  Iria Rosas Villanueva e  Marcos Pastoriza Díaz.



O acto rematou coa entrega de premios dos torneos de recreo, organizado polo departamento de E. Física:
1º clasificado: 4º B

2º clasificado: 5º B
 3º clasificado: 3ºB
Rematou o día cunha festa rachada na que non faltou a comida nin o baile:




FELICES E MERECIDAS VACACIÓNS!




  


19/6/19

GUÍA DE LECTURA PARA ESTE VERÁN

Deixámosvos nesta páxina unha interesante guía de lectura elaborada polo Equipo de Biblioteca do noso cole. Todos os exemplares suxeridos están en galego e tratan o  tema dos Dereitos Humanos.

8/6/19

PINTANDO CONTOS CON MIRÓ

Así de fermoso luce o muro da parte traseira do Bibliocastelo!
A verdade é que é un auténtico pracer achegarse as ventás da nosa biblioteca e ver o muro do cole tan alegre con eses debuxos tan infantís.
Pero como se acadou? Cal foi  o proceso? 
Prestade atención ...
O 22 de maio, o alumnado de primeiro, segundo e terceiro de primaria fomos convidados a un contacontos no bibliocastelo. Alí no esperaba Esteban, de Tarabelos teatro. Contounos 
"A viaxe  de Nele", mentres ía debuxando.
Despois pediunos que fixeramos uns puzles con debuxos xeométricos:
Tras colocalos nas ventás, Esteban explicounos como pintaba Miró, e falounos do estilo surrealista. Despois animounos a que debuxásemos o conto de Nele empregando a mesma técnica. E así o fixemos, tirados no chan:
Ao día seguinte descubrimos que os nosos debuxos estaban plasmados no muro exterior á biblioteca. Esteban estivera toda a tarde anterior traballando sen parar.
                          
O mellor de todo estaba por vir. Agora nos tocaba colorealo. 
QUE BEN O PASAMOS!








No seguinte vídeo podedes ver unha galería de imaxes de todo este proceso: