18/5/20

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS NA BANDA DO RÍO

O barrio máis marchoso da nosa vila, amaneceu así de decorado o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
Paula Freire, alumna do noso cole, foi a encargada de espallar o coñecemento do autor homenaxeado.
Neste vídeo poderedes comprobar o ben que o fixo. 
QUE ORGULLO!



17/5/20

ORGULLO DE FALA! 17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.


O noso veciño Luís Davila, da unha vez máis no cravo felicitándonos, neste día tan especial, con ese humor tan ácido e á vez tan galego, que el tan ben sabe combinar

A seguinte recompilación de recursos foi realizada por Mar Hermida e Pilar Ponte para aulas galega.
Clicando na imaxe de Ricardo Carvalho Calero, poderás acceder a diferentes enlaces para facer actividades, ver vídeos, desfrutar da súa obra, facer xogos interactivos  e moitas cousas mías.







14/5/20

CANTO SABES DE RICARDO CARVALHO CALERO?

O CEIP Eladia Mariño de Cabana en A Coruña, comparte con todos nós, multitude activades en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero.
Clica na imaxe para comezar:


13/5/20

LETRAS GALEGAS

Esta semana das LETRAS GALEGAS a raposa Fedella tráenos  unha ficha técnica de Riocardo Carvalho Calero.
RESOLVE OS CATRO ENIGMAS E O RETO FINAL


PREPARADXS? Pincha na imaxe!

12/5/20

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

As pitas baixo a choiva é un relato curto, no que Ricardo Carvalho Calero narra unha historia que lle aconteceu a el de pequeno.
O vídeo que ides ver a continuación é unha adaptación que deste conto fixeron no CEIP Vilaverde Mourente. Clicade na imaxe par velo:


Se clicades na seguinte imaxe, poderedes ler o conto vos mesmxs, escoitar a música da Banda das Pitas (SI, SI COMO LEDES, AS GALIÑAS TEÑEN UNHA BANDA), ou facer actividades sobre esta historia nas dúas unidades didácticas que hai.
Por último un xogo interactivo sobre o conto. Preparádevos para disparar dardos, pero antes teredes que ler o conto. CLICADE NA IMAXE PARA XOGAR!



11/5/20

VÍDEO BIOGRÁFICO DE RICARDO CARVALHO CALERO

Este vídeo merece unha entrada de blog pra el só porque grazas a el poderemos coñecer mellor a vida e a obra de RICARDO CARVALHO CALERO.

10/5/20

ACTIVIDADES INTERACTIVAS PARA COÑECER A RICARDO CARVALHO CALERO

Nesta entrada atoparedes infinidade de actividades interactivas para distintas idades e gustos. Pinchando nas imaxes poderedes acceder facilmente.
 1º CALENDARIOS LETRA GALEGASdo CEIP Vilaverde.





UN XOGO TAMÉN GENIALLY PARA OS PEQUENXS

OUTRO XOGO PARA OS QUE SON UNS POUCO MAIORES:


ESTE É UN PREGUNTOIRO MOI ENTRETIDO E ORIXINAL PARA OS EXPERTOS NO AUTOR HOMENAXEADO:
NO SEGUINTE ENLACE A TOPAREDES AXTIVIDADES PARA 3º,4º.5º e 6º. PARTINDO DUN VÍDEO COMÚN PROPÓÑENSE LOGO DIFERENTES RETOS.
NON PODÍAN FALTAR AS ACTIVIDADES PROPOSTAS POLA REAL ACADEMIA GALEGA. AQUÍ  HAI  DESCARGABLES PARA IMPRIMIR, ACTIVIDADES INTERACTIVAS, ...
DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO COLEXIO A PEDRA, DESEXÁMOSVOS QUE GOCEDES DESTAS ACTIVIDADES !











4/5/20

RICARDO CARVALHO CALERO: ACTIVIDADES INTERACTIVAS SEMINARIO GALÁN

Este ano, o día das letras galegas homenaxea ao escritor ferrolá Ricardo Carvalho Calero.
Aínda que non podamos ir ao cole, podemos coñecelo grazas as actividades INTERACTIVAS que O SEMINARIO GALÁN comparte con todos nós, como cada ano.
Se clicades na imxe do escritor poderedes acceder. Busca as que se corresponden coa túa idade e ..... 
A xogar!
Carvalho Calero también fue un gran educador - Faro de Vigo

2/5/20

MAIO LONGO!

Compartimos hoxe,  este fermoso poema de Rosalía, 
"MAIO LONGO", adaptado musicalmente por Uxía, e que forma parte do álbum Rosalía Pequeniña.

1/5/20

1º DE MAIO

O confinamento imposto pola corentena do COVID 19, non amedrentou aos veciños e veciñas de Bueu, da Bando Río de Bueu e decidiron festexar o 1º de Maio adornando as súas ventáns e balcóns e facendo un maio.
Esta imaxes foron cedidas por Paula Freire, alumna do colexio na que nos amosa o proceso de elaboración e o produto final.
Se algo está  resultando positivo nesta pandemia é o compañerismo e as iniciativas creativas. Este barrio da nosa vila da boa conta disto.

 















Esta última imaxe é a felicitación dunha alumna, con motivo da celebración dos Maios.


Agradecer a estas familias, que teñen a ben, compartir con todos nós esta experiencias, conseguindo que pasemos estos días de xeito máis agradable.
Esta foi  interpretación do poema de Curros, Aí vén o Maio, do alumnado de sexto, na súa graduación o curso pasado.