11/9/19

COMEZO DO CURSO 2019/2020


Un ano máis poñemos a andar este blog que ten como principal obxextivo fomentar a concienciación de toda a comunidade, educativa e non educativa, da riqueza colectiva que implica posuír unha LINGUA PROPIA, así como da responsabilidade individual de MANTELA VIVA, usándoa tanto a nivel ORAL  coma ESCRITO.

Trataremos de facer visibles todas as novas e actividades que se leven a cabo para fomentar o uso da nosa lingua.
Este curso o autor homenaxeado polas letras galegas será o ESCRITOR FERROLÁN RICARDO CARCALHO CALERO, ao que destinaremos parte do noso proxecto.
Resultado de imagen de carvalho calero
Tamén, como vén sendo costume, este equipo apoiará todas as actividades que veñan dinamizadas dende a biblioteca e velará para que todas teñan o galego como fío condutor.