30/9/18

OBRADOIRO DE PINTURA POLOS DEREITOS HUMANOS

O 29 de setembro de 2018, quedará xa cpmo un día sinalado na nosa vila de Bueu. Máis de 200 rapaces e rapazas xuntáronse nas inmediacións do estaleiro de Purro para realizar un obradoiro de pintura asistidos nin máis nin menos que por Cristobal Gabarron, promotor da actividade,  Mark Taeger,  Davila e varios estudantes de Belas Artes. O tema "Os Dereitos Humanos".
Clicando na seguinte foto accederedes  a unha información máis ampla no blog do Bibliocastelo.

16/9/18

COMEZA O CURSO 2018/ 19

Un novo curso acaba de comezar no colexio no colexio A Pedra, e un ano máis dende estas páxinas trataremos de facer visibles todas as novas e actividades que se leven a cabo para fomentar o uso da nosa lingua.
Este curso o autor homenaxeado polas letras galegas será o historiador e xeógrafo ANTÓN FRAGUAS, ao que destinaremos parte do noso proxecto.

 Pero no noso cole pretendemos tamén difundir o coñecemento de XABIER DOCAMPO, tristemente falecido o pasado mes de xuño.
Engadir  que o equipo de Dinamozación Lingüística apoiará en todo o momento o PDI do centro que este ano xirará en torno aos DEREITOS HUMANOS.