O vindeiro venres 27 de marzo conmemórase o Día Mundial do Teatro, que se creou en 1961 por iniciativa do Instituto Internacional do Teatro (ITI). Un dos actos máis representativos é a circulación da Mensaxe Internacional, tradicionalmente escrita por unha personalidade de recoñecido prestixio no mundo do teatro; este ano corre a cargo do director polaco Krzysztof Warlikowski .
Preme na imaxe para ler a mensaxe.
Como este ano estamos traballando a Arte non podemos esquecernos do Teatro como unha rama das artes escénicas. Un xeito de actuación, que representa historias combinando o discurso, os xestos, a escenografía ,a música, o son e o espectáculo.
Se queredes averiguar máis cousas sobre o teatro para poñelas en práctica podedes mergullarvos nas actividades interactivas que aparecen nesta páxina.
Na entrada do cole podemos ver unha pequena exposición das diferentes imaxes de Rosalía de Castro ao longo do tempo, baseada no libro "ROSALÍA DE CASTRO, IMAXE E REALIDADE" de Fernando Pereira Bueno.( Xerais) (Pódese atopar na biblioteca)
Os seus rasgos máis característicos aparecen sempre , aínda que interpretados de diferentes maneiras segundo os artístas, dende fotografías antigas ata a versión Pop Art, pasando polos retratos e as caricaturas.
As imaxes dende a súa xuventude ata agora foron covertindo a esta muller defensora da súa dignidade e da súa lingua nunha iconada cultura galega recoñecida a nivel universal.
Co gallo desta conmemoración o CIM de Bueu convoca un certame de viñeta e ilustración baixo o lema a "igualdade no traballo" no que todos os anos participan os nenos/as de 3º ciclo.
Esta convocatoria foi especialmente importante para nós porque ademais os de 6º prepararon un manifesto para expoñer na gala de entrega de premios.
O resultado foi estupendo , houbo varios premiados: Por unha banda, Gabriel Oliveira Carballo de 6ºA gañou o primeiro premio e Inés Brión Martínez, de 5º A e Inés Hermo Sanmartín de 6º B cadansúa mención especial.
No que respecta á declaración Institucional estivo dividida en tres partes:
Comezaron Lara e Xoel contando a historia da avoa deste ,que fora redeira.
Logo os nenos/as de 6º leron o poema "As redes de Inés"de Elvira Riveiro dedicado a todas as mulleres que foron atadeiras .
E por último proxectaron unha presentación na que cantaban unha canción pola igualdade
composta por eles a partires dunha melodía popular.
Foi moi emocionante e satisfactorio.
O sábado, día sete saímos na portada do Faro de Vigo , cunha fermosa crónica no interior.