12/5/18

PROXECCIÓN DE "CASTELAO DE CHUMBO A VERBA"

Chegou o día!
 E podemos afirmar que o resultado superou con creces as nosas espectativas.
Temos que expresar antes que nada o noso agradecemento a María Rey, profe de infantil do noso centro, que, dun xeito totalmente altruísta, ofreceunos a oportunidade de poder asistir a proxección deste filme. Por engadido miles grazas a MIGUEL LÓPEZ, director e guionista da película.
Cando chegamos o mismísimo director estaba esperándonos na porta e iso fíxonos sentir moi importantes. E non só iso, tamén se sacou fotos con nós.

.
Pasamos logo ao interior e, tras unha breve introdución, empezou a proxección. 
Podemos asegurarvos, que aínda que tiña parte de ficción,  unha gran parte era documental sobre a vida e obra de CASTELAO,  pero a nosa atención mantívose os 50  minutos que durou. 
Engadir que todos nos emocionamos e que agora coñecemos mellor e admiramos máis a figura deste gran escritor, debuxante e político galego. 
Todo comeza cando un alumno é recriminado pola súa mestra pola súa lacazanería e a falta de coñecemento sobre o autor de Rianxo. Este mesmo rapaz, sentado na praza San Xosé de Pontevedra sorpréndese ao comprobar que a figura de Castelao que forma parte da estrutura escultórica empeza a falar con el e ofrécese a axudalo para facer o traballo sobre a súa vida nesta cidade.




María do Ceo, é a intérprete do tema central da peli e de todo o repertorio musical. Forma parte tamén dunha das esceas no Café Moderno.
Foi espeialmente duro, o momento en que se relata o fusilamneto de Alexandre Bóveda, gran amigo de Castelao. Non pudemos evitar as bágoas ante feitos tan inexplicables da nosa historia.
Pero a todos nos sacou un gran sorriso ao ver como a figura de Valle Inclán, que todos coñecemos de pasear pola cidade de Pontevedra, cobra vida para formar parte da historia:


Ao rematar tivemos o privilexio de gozar coas imaxes do MAKING-OF, e das  explicacións do director, sobre as dificultades e atrancos con que se atoparon ante unha rodaxe desta envergadura.







Antes de rematar, Miguel López contestou cunha paciencia infinita á multitude de preguntas que lle fixemos.
Para finalizar dous alumnos de sexto, Helena e Xandre, representando a todo o colexio, fixéronlle entrega ao director dun pequeno agasallo, para que non se esqeuenza  de nós.


MIL GRAZAS MIGUEL!
   UNHA XORNADA INESQUECIBLE!










No hay comentarios:

Publicar un comentario