Os pequenos de E. infantil, este ano non subiron ao cole dos maiores pero o celebráronnos pola súa conta. aquí queda unha fermosa proba onde o alumnado de 6º ano de A recitan un poema de MARÍA VICTORIA MORENO.
No cole de primaria fíxose unha preciosa festa, comezouse por recitar o poema UN CACHIÑ DE BICA?
extraído do libro EU CONTO TI CANTAS, da autora homenaxeada.
A continuación o alumnado de cuarto, quinto e sexto procederon a compoñer as dúas últimas estrofas de "GALIZA" de MANUEL MARÍA, coas letras que cada un deles decorara coas súas familias a modo das alfombras florais.
O resultado foi espectacular:
Todos xuntos cantamos esta fermoso poema de Manuel María.
Rematamos, como cada ano, cantando O HIMNO GALEGO, previamnete interpretado maxistralmente con frauta polo alumnado de sexto. Neste vídeo poderedes gozar deste emotivo final de festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario