5/3/19

DEREITO A GOZAR DO ENTROIDO


Este é o díptico que todo o alumnado do noso cole levou  a casa para anunciar que o ENTROIDO chegaba e que xa todo estaba preparado para o gran desfile.
Atrás quedaban semanas de duro traballo: elixindo e preparando os disfraces, compoñendo e ensaiando as cantigas de cada ciclo ou nivel.
Estaba claro que o tema era OS DEREITOS HUMANOS.
Deste xeito decidiron disfrazarse
  •  E. Infantil: MÉDICAS e MÉDICOS: Dereito a unha  SANIDADE pública de calidade.
CANTIGA  DO ENTROIDO INFANTIL  ( Música "A bilirrubina" de Luís Guerra)

A BILIRRUBINA
Oe, púxenme enfermo o outro día
Por causa dunha afonía,
E fun parar á enfermería,
Falta unha praza en pediatría.

Puxéronme  soro de cores
Sacáronme  unha radiografía,
E dixéronme que non había cartos,
Para mandar a outro a pediatría.

Oe, trastearónme ata a vida,
Con raios equis e ciruxía,
E que a Xunta non funciona
Só os recortes na menciña

Ai, veña , búscame unha pediatra,
Que Fina está que non respira,
E dáme vitamina de cores,
Que xa me sobe a bilirrubina.

Súbeme a bilirrubina,
Se nunha destas marcha Fina.        
A Xunta aquí non atina,
E, non recortes na menciña




  • 1º de E. Primaria: MAFALDAS: Famosa personaxe de do arxentino Quino, famosa por ser unha firme defensora dos DEREITOS HUMANOS.
  • 2º de E. Primaria: ABANDEIRADAS E ABANDEIRADOS: Dereito a ter unha NACIONALIDADE.

CANTIGA DE ENTROIDO 1º e 2º  E. PRIMARIA (Música A Taza de Cantaxogos)
AS MAFALDAS  ABANDEIRADAS

Eu son Mafalda                         Eu son bandeira
son unha nena                          pois un dereito
que o mundo enteiro                  é que vivamos
quere arranxar.                        nunha nación.

E os dereitos                              Nacemos libres
que son humanos                      todos iguais
en todo o mundo                       México, España
quero implantar.                       ata en Xapón.

Hoxe celebran                           Na nosa escola
setenta anos                              temos dereitos
que aniversario                         pra que poidamos
máis especial!                            vivir mellor!
CHU-CHU!                                  CHU-CHU!


Vida, igualdade, protección, constitución,
dignidade, identidade, familia, educación,
xustiza, propiedade, liberdade de opinión,
traballo, sanidade, vivenda, vacacións!!!
CHU-CHU!

  • 3ºe 4º de E. Primaria: PERUANAS E PERUANOS: Dereito a ser respectados por razón de ORIXE, RELIXIÓN, NACIONAIDADE, RAZA,  LINGUA.



CANTIGA DE ENTROIDO 3º e 4º (Música A Vicuñita de Magdalena Fleitas)

A  VICUÑITA  


Da Pedra eu veño coa vicuñita
Da Pedra eu veño coa vicuñita
Cantando e respectando aos demáis
Cantando e respectando aos demáis.

Eu son vicuñita e veño a celebrar
Eu son vicuñita e veño a celebrar
Co Entroido da Pedra imos brincar
Co Entroido da Pedra imos brincar.

Ay guei vicuñita rishpi japi sonka
Ay guei vicuñita rishpi japi sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka
Rishpi japi pagapiña numa sonka


Papirus vente con nós a festexar
Papirus vente con nós a festexar
Todos cos dereitos imos cantar
Todos cos dereitos imos bailar.

Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu
Machupichu Machupichu Machipichuuuu.


  • 5º de E. Primaria: GRDUADAS E GRADUADOS: Dereito á seren EDUCADOS NA DIVERSIDADE.

  • 6º de E. Primaria:  XUÍZAS E XUÍCES: Dereito a unha XUSTIZA igual para todos.

CANTIGA DE ENTROIDO 5º e 6º ( Música a Saia da Carolina)

Defendes os dereitos?

Outro ano chega o Entroido
e aquí vimos cantarvos,
o que facemos no cole
sobre os Dereitos Humanos.

Espertas as conciencias?
Esperto, si señor.
Defendes os dereitos?
                  Defendo con tesón.

           RETROUSO

Defendo con tesón,
respecto as opinións.
Defendes os dereitos?
Defendo, si señor.

Queremos un mundo xusto
no que gañe a igualdade.
A xustiza é para todos,
un garante de equidade.

RETROUSO

Eduquemos as persoas

pra cambiar a sociedade,
a través da educación
sempre na diversidade.


RETROUSO

No seguinte vídeo atoparades unha galería de fotos desta inesquecible xornada de Entroido.