27/2/14

ENTROIDO 2014

Estamos  a piques de dar comezo ao Entroido, polo que no colexio da Pedra temos todo preparado para pasalo ben se o tempo nos deixa.
Este ano serán os personaxes dos cómics os que nos visiten, facéndonos rir e cantar.
Se queredes saber moitas cousas desta festa tradicional de Galicia  que tanto nos gusta, botádelle un ollo a estas actividades.






Aquí tedes a información do Entroido deste ano .

24/2/14

24 de febreiro Día de Rosalía

Hoxe conmemoramos o día de Rosalía, unha galega ilustre, defensora da nosa lingua.
A primeira escritora galega que asumiu a publicación dunha obra literaria íntegramente en galego.
Como tal, queremos renderlle homenaxe lembrando as súas obras e a súa vida.
Na Pedra , participamos nunha actividade conxunta con outros centros do Morrazo," O MORRAZO ESPERTA A GALICIA" que consiste nunha presentación, na que cada centro aporta un granciño de area para recitar o seu poema  "ALBORADA".



Aquí tedes o poema, animádevos a lelo .

Na entrada do cole  podemos ler esta peza nun mural, e ademais escoitala da man de Uxía ,do seu traballo "Rosalía pequeniña".





                                                                   


 
Por outra banda, tamén queremos facernos eco da proposta da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) que nos anima nesta data , a agasallar cun libro e unha flor.Ademais de participar nas lecturas colectivas que se celebran hoxe luns 24 de febreiro en diferentes lugares da xeografia galega.


22/2/14

O PEQUENO MAGO

O pasado 21 de febreiro tivemos unha visita especial no cole;Roque Cameselle autor da historia do Pequeno Mago , e director da película de animación que ven de estrearse este Nadal.
Con gran espectación pola nosa parte, amosounos os pasos que houbo de dar para a elaboración da película, de cada personaxe, do vestiario, dos diversos escenarios ... Un traballo minucioso que requeriu moito esforzo e paciencia, e que deu como resultado unha divertida historia contada na nosa lingua que se pode ver nos cines.
 
 
 
 
 
                         
                               


Na biblioteca podedes atopar a historia , o seu protagonista é un neno chamado Bieito Dubidoso. Este neno de nove anos ten poderes máxicos e pasa por moitas aventuras que transcorren na cidade  galega de Tui.


11/2/14

OLLOS DE AULA

Xa temos o nº 12  da revista OLLOS DE AULA
Neste número preguntámonos, da man de Mª Montserrat Castro Rodríguez (profesora da Facultade de CC.EE. da UdC), se os nenos e as nenas teñen unha idade para comezar a ler, e tamén polo uso do teléfono móbil no contexto escolar e familiar grazas a José Raposeiras Correa (Catedrático de Ensino Secundario e Doutor pola UVigo), que nos achega unhas conclusións de grande interese. Na sección "Palabras do ensino", de Lines Salgado, é a quenda das "reválidas" recuperadas pola LOMCE, mentres que Gracia Santórum non falta á súa cita con gorentosas propostas literarias e musicais.
Ademais tamén se lanza unha pregunta incómoda a respecto do difícil momento que atravesa OINK, a revista do xabarín Club: as nosas nenas e os nosos nenos non merecen que exista unha revista de actualidade que lles ofreza unha visión do mundo amena e divertida, e co valor engadido de usar a nosa lingua?

DÍA DA PAZ


O pasado 30  de xaneiro, conmemoramos o día da Paz. Este ano dedicámolo a Nelson Mandela, como referente dunha persoa que basou a súa vida na busca da Paz e a Liberdade. Traballamos nas aulas buscando información sobre a súa vida, , escollemos algunhas das súas frases máis célebres e con elas fixemos un mural na entrada do cole. Esas frases lémolas  no patio e tamén cantamos xuntos as cancións "Campás pola Paz" de Migallas  e "Mandela Day" de Simple Minds.



Podedes atopar todas as frases recompiladas no blog da Biblioteca.

http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2014/02/celebrando-paz.html







Os nenos e nenas de Infantil tamén traballaron para conmemorar este día , aínda que por mor do mal tempo non puidemos compartir a xornada con eles. Mirade que ben o pasaron!





Ademais os nenos do 2º ciclo tiveron a oportunidade de ver o fermoso traballo do grupo de teatro da asociación Xoán XXIII, que sorprendeu coa súa obra "O circo dos esquecidos".Parabéns!
http://segundocicloapedra.blogspot.com.es/2014/02/a-paz-este-xoves-30-de-xaneiro.html