30/10/18

ACTIVIDADES PARA COÑECER O SAMAÍN

Premendo nas sguintes imaxes poderedes acceder a diferentes actividades para coñecer esta festividade. UNIDADE DIDÁCTICA SAMAÍN SEMINARIO GALÁN 2018
ACTIVIDADE INTERACTIVA: LIM 1
ACTIVIDADE INTERACTIVA: LIM 2

2/10/18

A TELEVISIÓN GALEGA VISITA O NOSO COLE


BRULIO BOLECHAS achegouse ao noso centro o pasado luns, 1 de outubro, para coñecer de primeira man, ao noso alumnado e de que xeito se traballa aquí.
Os nenos e nenas  de terceiro foron os elixidos para representarnos.
Presentáronlle a PAPIRUS, cantáronlle a canción e contáronlle historias sobre o MAR,  que tan importante é na nosa terra. Mentres Braulio lles facía as preguntas, un cámara gravaba todo.
A finais de novembro será retrasmitido dentro da serie BRULIOTUBER. Esperamos publicar nestas páxinas unha reprodución.
Nas seguintes imaxes queremos compartir con vós os máxicos momentos vividos nesta xornada tan especial.