BRULIO BOLECHAS achegouse ao noso centro o pasado luns, 1 de outubro, para coñecer de primeira man, ao noso alumnado e de que xeito se traballa aquí.
Os nenos e nenas de terceiro foron os elixidos para representarnos.
Presentáronlle a PAPIRUS, cantáronlle a canción e contáronlle historias sobre o MAR, que tan importante é na nosa terra. Mentres Braulio lles facía as preguntas, un cámara gravaba todo.
A finais de novembro será retrasmitido dentro da serie BRULIOTUBER. Esperamos publicar nestas páxinas unha reprodución.
Nas seguintes imaxes queremos compartir con vós os máxicos momentos vividos nesta xornada tan especial.
No hay comentarios:
Publicar un comentario