18/12/16

LEMAS DE NADAL

O Nadal está ás portas, e noso cole prepárase para recibilo, este ano como non cun espéritu moi "CINEMATOGRÁFICO".
 O mural da entrada empezou xa a cobrar vida, e unha gran cámara proxecta as ESTRELAS de NADAL ou... da GRAN PANTALLA. Falta o lema que sempre o preside.
Para isto volvemos  contar coa axuda das familias.
 Xa hai uns días que recibiron unha circular na que se lles pedía que pensasen un lema navideño que tivera que ver coa SOLIDARIEDADE e á vez co CINE.
 A convocatoria foi un éxito total. Máis de 100 lemas para elixir, só un. A calidade foi suprema. Ao final despois de moito debate, foi elixido o de Alexandra, Lis Fazanes de 1º B. Dende aquí mándámoslles os nosos PARABÉNS.
Soamente un lema pode estar na postal cooperativa que preside a entrada do colexio, pero neste blog, poderedes comprobar a beleza destes lemas. Ante todo GRAZAS FAMILIAS!
INFANTIL


1º A





1ºB
2ºA -2ºB
3ºA- 3ºB

4ºA- 4ºB

5ºA - 5ºB




6ºA - 6ºB


9/12/16

GUÍAS DE LECTURA

Este venres todo o alumnado co CEIP "A Pedra" , levou nas súas mochilas un exemplar das guías de lectura en galego, elaborada pola coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo. Estas guías teñen por obxectivo recoller as novidades editoriais e de música publicados na nosa lingua. Este ano ademais engádense libros de Agustín Fernández Paz como homenaxe polo  seu recente falecemento, e de Carlos Casares por seren o autor ao que se homenaxeará no dia das Letras Galegas 2017.
Agradecementos especiais a Leandro Lamas que este ano prestouse a facer esta magnífica ilustración, a Ana Valuja, mestra do colexio de Seixo, que fixo o traballo de enmaquetación, e todos os mestres e mestras dos colexios e instituto do Morrazo que tiveron a ben buscar, e elixir todos estes libros e CDs.
GUÍAS DE INFANTIL


GUÍAS DE PRIMARIA
GUÍAS DE SECUNDARIA

20/11/16

MAGOSTO 2016

O mes de novembro é tradicionalmente o mes das castañas e, San Martiño é o día perfecto para celebrar o Magosto.
No noso cole, ao ser festivo local, temos que trasladar a data pero tede ben seguro que celebrar se celebra.
Este ano tocoulles aos de primaria o martes, 8 de novembro. Aínda que con ameaza de chuvia, os rapaces e rapazas puideron, no soamente degustar o saboroso froito do outono, senón tamén gozar cos divertidos xogos que  A ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu prepararon para nós.
Os pequenos e pequenas de infantil, celebrárono o seguinte xoves, 10 de novembro e tede por seguro que algunha pinga caeu pero xogaron e degustaron as castañas igual que os maiores..Volveron contar co apoio da asociación buenense.
Dende estas páxinas o
NOSO PROFUNDO AGRADECEMENTO A ESTE GRUPO DE PERSOAS DE BUEU QUE, CUNHA MOSTRA DE ABSOLUTA XENEROSIDADE, PRÉSTANSE A TRAER E ENSINAR AOS NENOS E NENAS XOGOS TRADICIONAIS
Se pinchades nestas fotos poderedes ollar as diferentes entradas dos blogues do noso cole.
ENTROIDO EN INFANTIL:
MAGOSTO 1º  e 2º PRIMARIA
 MAGOSTO 3º, 4º , 5º e 6º DE PRIMARIA

31/10/16

UN SAMAÍN DE ALUCINE

Este impresionante  mural preside, a entrada do noso cole dende a semana pasada. 
UN SAMAÍN DE ALUCINE!

Todo o alumnado está representado nel. Cada clase elixiu un personaxe de medo dunha película para traballar nas aulas. A idea era representalo plasticamente dentro dun fotograma e escribir unha frase representativa da película. 
 A Madrastra da Cincenta  e o Lobo da Carapuchiña ( 4º E. Infantil)
 Úrsula, bruxa da Sereíña e o Lobo dos tres Porquiños (5º E. Infantil)
Bruxa Grimhilde de Brancaneves e Maléfica da Bela Durminte (5º E. Infantil) 
 Scar de O Rei León e Bagueera de O Libro da Selva (1º E. Primaria)
 Frankenstein e Drácula (2º E. Primaria)
 Gremlins e Cruella Deville de 101 Dálmatas (3º E. Primaria)
 Zombies e Cazafantasmas ( 4º E. Primaria)
Harley Quinn  e Joker (5º E. Primaria)
A Familia Addams e A noiva defunta (6º E. Primaria)
Tamén, como cada ano, non faltou a exposición de cabazas. Este ano encheuse de ET, Spiderman, Nemo, Dori, Frankenstein, directores de cine, Hollywood, palomitas, ... IMPRESIONANTES! Cada ano se superan. Sabemos que detrás de cada cabaza hai un esforzo inmenso, pero esperamos que tamén houbera momentos inesquecibles de traballos cooperativos en familia.
GRAZAS FAMILIAS!
 
 
 

 
 

23/10/16

SAMAÍN 2016

 A Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística Galega pon a disposición da comunidade escolar diferentes recursos sobre o Samaín.
Preme na imaxe para poder acceder a eles.


A MÁSCARA DO LEON

Os Trasniños do noso cole seguen na recolleita  triunfos. A  curta "A máscara do León" vén de seren seleccionada como finalista no certame de cinema OUFF escola. Este certame, que este ano xa celebra a vixésima primeira edición, ten como obxectivo o impulso do uso da nosa lingua entre a xente nova, fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo.
Os trasniños acudirán o próximo 2 de novembro a entrega de premios á cidade de Ourense.
Parabéns rapaces e rapazas!

 Parabéns profes María e Cris!
Sodes o noso orgullo!

Premendo na imaxe podedes acceder ao que os Trasnos de A Pedra comentaron no seu blog





12/10/16

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

Coas forzas renovadas e cunha gran ilusión damos comezo a este blog no curso 2016/ 17.
Esperamos que nestas páxinas podamos reflectir multitude de actividades que sirvan ao fomento da nosa amada lingua e que  asemade contribúan a que o noso alumnado medre dunha maneira saudable grazas a adquisición de novos  coñecementos e a vivenza de novas experiencias.
Como en cursos anteriores  o equipo de Dinamización traballará en colaboración co  de biblioteca, que este ano desenvolverá o proxecto “UNHA BIBLIOTECA DE PELÍCULA”,  velando asemade para que a lingua vehicular sexa o idioma galego.

 Proxectamos tamén coñecer a fondo a figura de Carlos Casares, autor que será homenaxeado nas letras galegas 2017.
Dende as páxinas deste blog queremos expresar o noso pesar polo recente pasamento de Agustín Fernández Paz,  autor sempre admirado, lido e traballado polo alumnado deste centro. Este ano queremos dedicarlle unha sentida homenaxe e proba disto é o andel que dende o principio de curso ocupa un lugar destacado na nosa biblioteca.
Este equipo como en cursos anteriores, organizará ou participará en todas actividades das diferentes conmemoracións do noso centro.
Seguiremos colaborando coa coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
Publicaremos, asemade, puntualmente todas as aportacións que a Coordinadora de Equipos de Normalización  e Dinamización Lingüística Galega nos vaia achegando.

13/7/16

OBRAS DE TEATRO FIN DE CURSO

Como todo bo fin de curso que se precie, este non podía finalizar sen a representación de obras de teatro nos diferentes festivais de fin de curso.
Sinalar que estas funcións son só o broche final a un inmenso traballo de moitas xornadas, nas que o alumnado, o profesorado e moitas veces as familias traballaron arreo. Dase, porén, ben empregado o esforzo, sobre todo, pola seguridade de que este recordo quedará para sempre nas mentes dos nosos pequenos e pequenas.
A primeira das obras é a representada polo alumnado do último ano de infantil no gallo da súa graduación:
"A Mellor Sopa  do  Mundo"



A segunda, é a representado polo alumnado de 2º de E. Primaria, no festival que este nivel realizou para as familias no remare do curso:
"A nubriña Pascual"

26/6/16

ENTREGA DE PREMIOS " QUE SABES DE MANUEL MARÍA?"

O martes 21 de xuño, a primeiriña hora da mañá, procedeuse a entrega de premios de Biblioteca, de Orientación, de Educación Física e, como non, de Dinamización Lingüística polo concurso:
 Que sabes de Manuel María?
As preguntas foron as seguintes:
  • Cando e onde naceu Manuel María
  • Como se chamou o seu primeiro libro de poemas?
  • Escribe tres lugares onde viviu Manuel María.
  • Escribe o título e unha estrofa dun poema de Manuel María.
  • Que é Os Soños na Gaiola?
A participación foi un gran éxito. O reparto de premios foi moi equilbrado, resultando gañadores dous alumnos ou alumnas por aula.