30/11/18

GUÍAS DE LECTURA DE NADAL

LEO, LEO, LEO, MEDRO, MEDRO, MEDRO
Este  lema tan significativo preside as guías de lectura que o  alumnado do noso cole e o da maioría os centros do Morrazo levaron para a súa casa este fin de semana.
Antes que nada, agradecer a ANA VALUJA, do CEIP de Seixo, o traballo de maquetación e a  MARC TAEGER, a fermosa ilustración que fixo de xeito totalmente altruista e que quedou así de ben.
Estas gúias están elaboradas por un conxunto de mestres e mestras, amantes da súa profesión, da lectura e da lingua galega. Tratan de achegar ao alumnado e ás familias as novidades e as reedicións de obras literarias e de música do último ano.
Nelas poderemos atopar boísimas ideas para agasallar non só no Nadal, senón en calquera outra data, como aniversarios, día do libro, ...
Como podedes ver a continuación veñen separadas por idades:


NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Durante o mes de novembro leváronse a cabo distintas actividades relacionadas co ámbito científico:
O ALUMNADO DE PRIMEIRO realizou un experimento con colorantes alimenticios:
Clicando na seguinte imaxe, poderedes acceder a información do blog:
O ALUMNADO DE TERCEIRO, actividades relacionadas co  proxecto do Universo. Se clicades na seguintes imaxes poderedes acceder ás entradas de blog, onde se explica polo miudo en que consistiron.

Tamén en terceiro, investigando sobre as funcións vitais dos seres vivos, o alumnado dubidaba se as plantas se ralacionaban. Mediante un sinxelo experimento, que consistiu en colacar unha pranta ao lado das ventás da aula puideron comprobar como as follas e as ramas dos vexetais se movíam buscando a luz solar.
 
As follas inclínanse hacia a ventá da dereita
As follas inclínanse hacia a ventá da esquerda.
O ALUMNADO DE QUINTO, realizou un proxecto sobre o espazo. Cada grupo investigou sobre un planeta:





25/11/18

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER

 
1º PREMIO CATEGORÍA  E. PRIMARIA (Ana Mayo)


Como cada ano, o noso colexio partipa no concurso de carteis contra a violencia de xénero que convoca o CIM do Concello de Bueu.
Este ano o cartel elixido na categoría de E. Primaria perence a unha alumna de quinto do noso centro: ANA MAYO. Dende estas páxinas queremos desexarlle os noso parabéns.
Clicando na imaxe poderedes acceder á información publicada no blog do bibliocastelo.

18/11/18

AGROGIMKANA

O Concello de Bueu en colaboración coa empresa Hortoagrelo ofertou ao colexio unha actividade relacionada coa ecoloxía e polo tanto co dereito a un planeta sostible. A actividade consistía nunha agrogymkana ecolóxica que se celebrou os días 15 e 16 de novembro. Todo os cursos foron pasando por quendas pola realización dos tres xogos dos que constaba a actividade. Pretendíase simular cómo sobrevivir nun medio natural cos materiais que nos proporciona a natureza. O primeiro deles era un relevo portando auga na cabeza cun molido. O segundo era un traballo cooperativo para descubrir os posibles aproveitamentos de herbas e plantas da contorna. E o terceiro era a construción dunha vivenda con paus, herbas e teas vellas, un típico tipi indio. O rematar a actividade reflexionouse sobre a vida actual e o deterioro do medioambiente e a posibilidade de  sobrevivir cos materiais que nos atopamos ao noso arredor.







12/11/18

CARREIRA DE SAN MARTIÑO

O alumnado de colexio A Pedra, participou de xeito moi activo na carreira de San Martiño, que este ano tivo lugar no mesmo día da festa do Patrón da vila.
Nas semanas anteriores ao evento repartíronse nas titorías os folletos de incripción e nas clases de Educación Física animouse e preparouse aos nenos e as nenas para que participasen.
O día sinalado as rúas de Bueu enchéronse de nenos, xente nova e adultos deportistas, dispostas a pasar un bo rato. A noso cole tivo unha representación  oi numerosa e acadaron moi bos resultados.


9/11/18

MAGOSTO 2018

Di o famoso dito:
 "AO MAL TEMPO BOA CARA"
E outro aínda máis sabio, que di a xente maior:
"O MAL TEMPO NO SEU TEMPO NON É MAL TEMPO, É BO TEMPO"
Pois é o consolo que nos queda.
 O Magosto este ano quedou pasado por auga, así que non puidemos gozar,  dos xogos populares no patio. Dende aquí mandámoslle o noso agradecemento á asociación CORREDOIRAS, que tiñan todo preparado para compartir con nós eses xogos que foron recompilando ao longo do tempo.
 Foi unha gran mágoa, pero non quedamos se probar o prezado alimento!
 Nos corredores, nos ximnasios ou mesmo dentro das aulas ...
AS CASTAÑAS ESTABAN DELICIOSAS!
 XIMNASIO DE EDUCACIÓN INFANTIL
 CORREDOR DE PRIMARIA
 AULA DE PRIMARIA
 AULA DE PRIMARIA
 CORREDOR DE PRIMARIA


4/11/18

ACTIVIDADES DO MAGOSTO

O próximo martes, 6 de novembro celebrarase o Magosto en E. primaria.
O alumnado de E. Infantil, gozará desta festivIdade, o xoves 8 de novembro.
Mentres tanto nas aulas poderemos coñecer un pouco máis sobre a festa das castañas.
Premendo na seguinte imaxe, poderedes acceder a actividades fotocopiables editadas polo SEMINARIO GALÁN:

Se premes na seguinte imaxe, poderedes aprender bastante sobre a historia deste prezado froito:
Se premes na seguinte foto atoparedes un LIM para cada idade:





2/11/18

DEREITO A GOZAR DO SAMAÍN!

No ano no que no noso cole temos como proxecto de centro OS DEREITOS HUMANOS, no podía faltar no mural de SAMAÍN a referencia a eles.
TEMOS DEREITO A: SORRIR, FALAR, AMAR, XOGAR, IMAXINAR E APRENDER.
Todo o alumnado do centro fixo a súa aportación:
O alumnado de E. Infantil, decorou as letras centrais do acróstico:

O alumnado de primeiro decorou a cabaza e as letras de SORRIR.



 O alumnado de segundo decorou a cabaza e as letras de FALAR.



 O alumnado de terceiro decorou a cabaza e as letras de AMAR.




 O alumnado de cuarto decorou a cabaza e as letras de XOGAR


  O alumnado de quinto decorou a cabaza e as letras de IMAXINAR


 O alumnado de sextoo decorou a cabaza e as letras de APRENDER.


A entrada do colexio volveuse encher de cabazas decoradas, como non! co lema dos dereitos humanos.
GRAZAS FAMILIAS!
Menudo livelazo, de decoración, e este ano non era nada fácil!



O día 31 de outubro, foron moitos os nenos e nenas que decidiron vir disfrazados. ao rematar a xornada, todos recolleron as súas cabazas para poñelas polas noite nas súas casas como manda a tradición.