20/12/21

GUÍAS DE LECTURA

 Xa están aquí un ano máis as Guías de Lectura coas propostas  pola coordinadora do Morrazo. Animádevos a ler en galego!




CONCURSO DE LEMAS DO NADAL

 Como cada ano a equipa de normalización organizou o concurso de lemas do Nadal, participaron máis de 180 familias, enviándonos propostas para a nosa postal colaborativa! Grazas a todas por participar, o lema gañodor foi de Diego, de 1ºA.



2/12/21

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Co gallo do  mes da ciencia aproveitamos para convidar ao colexio a antigos alumnos e alumnas que desenvolvan a súa labor profesional no eido científico, xa que, como sabedes, o proxecto da escola é "Medrando xuntos en A Pedra". 

Ademais diso houbo obradoiros, fixemos experiementos... botade unha ollada!

ALUMNADO DE PRIMEIRO VISITA A AULA DE CIENCIAS.

ALUMNADO DE SEGUNDO VISITA O LABORATORIO. 

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

VISITA DE EXALUMNAS CIENTÍFICAS

CHARLA DE EXALUMNO, TRIPULANTE NUN OCEANOGRÁFICO.

CHARLA SOBRE A COMPOSTAXE

VISITA DE EXALUMNO BIÓLOGO

EXPERIMENTO VOLCÁNS

15/11/21

Correlingua

 CORRELINGUA



No CEIP A Pedra tivemos a sorte de ser a escola convidada a estar de xeito presencial na festa do Correlingua do Morrazo que se celebrou en Bueu, os cursos de 5º e 6º de infantil e 1º e 2º de primaria estiveron representándonos bailando de festexando a nosa lingua, pero moitos máis cursos puidemos desfrutar da festa desde a escola por streaming.

1º primaria

Trasnos

Pelouros

Furabolos

SAMAÍN

 SAMAÍN EN A PEDRA


Co gallo do Samaín puidemos recuperar a nosa exposición de cabazas, as familias traballaron arreo e tivemos moitísimos calacús para expor, estaban ambientadas co proxecto deste ano "50 anos medrando en A Pedra". 

Tamén fixemos un mural colaborativo, preparamos cabazas nas aulas, disfrazámonos, tivemos merendas especiais... botade unha ollada !

Samaín 1º

Samaín 2º

Samaín 4º

Trasnos

Pelouros

Furabolos

21/6/21

VISITA DE ARTURO SÁNCHEZ

 O hiStoriador e antigo mestre da nosa escola sempre está disposto a falarlles aos rapaces dos seus amplos coñecementos sobre a vila de Bueu, este ano visitou ás aulas de terceiro de primaria e sexto de infantil.

VISITA A TERCEIRO

VISITA A SEXTO DE INFANTIL

DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

A rapazada de primeiro fixo este vídeo ben chulo do conto Dona Landra en Río Revolto, foron finalistas no prestixioso premio Olloboi na categoría PEQUES. Parabéns!



DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

MAKING OF DONA LANDRA NO RÍO REVOLTO

GALA PREMIOS OLLOBOI

24/5/21

LETRAS GALEGAS

 LETRAS GALEGAS

Este ano as letras galegas adícanse a Xela Arias, nas aulas estivemos traballando sobre a súa figura e destacando a obra "Darío a diario",  fixemos podcast,  un mural conmemorativo entre todo o cole e nas aulas distintos traballos, recibimos a visita do contacontos Caxoto... gustounos moito aprender desta autora.


Xela Arias na Voz da Pedra

Xeliña fala galego

http://trasnosapedra.blogspot.com/2021/05/letras-galegas-2021.html

OS MAIOS

 OS MAIOS DE A PEDRA


Na escola seguimos coa nosa teima de anovar e recuperar as tradicións da nosa cultura, sobre todo as relacionadas coa infancia, así que estivemos encantados de participar nos maios de Bueu, xunto coa asociación de alfombristas, centros de día e outras escolas da vila. 

Fixemos os maios, escribimos e cantamos... pasámolo xenial!


https://youtu.be/Ffo8e4Nogv4

https://youtu.be/vv5BYIvZyqI

https://youtu.be/6JrFixYnhcI

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=node/451

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/253

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipapedra/?q=taxonomy/term/268


16/3/21

8 DE MARZO

 Na escola conmemoramos o día internacional da muller, fixemos algún mural, portas violetas, falamos das mulleres importantes na nosa vida... 

TRASNOS

LARETAS A

FURABOLOS


3/3/21

DÍA DE ROSALÍA

 Para celebrar o día de Rosalía, 24 de febreiro, o alumnado elaborou unhas rosas de papel nos que ían escritos versos de Rosalía,  que ceibamos pola vila. Ademais diso recitamos, cantamos nas aulas e elaboramos materiais relacionados coa celebración.

ROSALÍA 1º

ROSALÍA 3º

ROSALÍA 4º

ROSALÍA 3 ANOS

ROSALÍA 4 ANOS A

ROSALÍA 4 ANOS B

ROSALÍA 5 ANOS A

BIBLIOCASTELO

19/2/21

ENTROIDO

 O entroido do 2021 foi moi diferente, pero non por isto deixamos de celebrar. O mandadiño fixo que nos disfrazásemos todos os días da semana, o xoves foi un día moi importante, pois na nosa teima de recuperar tradicións todo o cole disfrazouse de "mascalleiros" e "mascalleiras", xa sabedes que é a figura típica no entroido bueués, só tes que coller roupa vella, tapar a cara e ir polas casas pedindo doces... pero non foi o único, viñemos con adornos na cabeza, nos pés, en pixama ou co disfrace que máis nos gustase.

O venres toda a escola cantou a canción "Son de Bueu", queremos agradecerlle a comparsa Vou nun bou que nos deixaron cantar o seu himno... e que viva Bueu!

Entroido Trasnos

Entroido Pelouros

Entroido Furabolos

Entroido Laretas

Entroido 1º

3/2/21

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

 Este ano non puidemos xuntarnos, pero celebramos nas aulas o día da Paz:

1º de primaria

2º de primaria

3º de infantil

BIBLIOCASTELO

DÍA DA CANDELORIA E DA PAZ

 O día da Candeloria casan os paxariños, é o día do amor en Galicia, pareceunos que non debiamos deixar pasar esta data sen celebrar e decidimos facer un mural para conmemoralo xunto co día da Paz escolar. Enchemos o mural de paxariños autóctonos con fermosas palabras de amor que se din na nosa lingua. 


20/1/21

O veleiro verde - María Fumaça


CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ




Este ano escollimos a canción "O veleiro verde" de María Fumaça, para celebrar o día da Paz na escola.

 CHEGA O INVERNO

Coa chegada do inverno o alumnado de terceiro recita este fermoso poema de Antonio García Teijeiro desde as súas casas:

13/1/21

NADAL

 POSTAL COLABORATIVA DE NADAL

Como xa é tradición no noso cole, fixemos un concurso de lemas de Nadal, no que participaron máis de cen alumnos e alumnas, co lema escollido fixemos unha postal colaborativa para desexarvos a todos un feliz Nadal.