30/1/13

30 de xaneiro 2013

Hoxe 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz.Xuntámonos todos no patio, desde Infantil ata o 3º ciclo, para ler todas as reflexión que fixemos durante a semana, e que nos serviron  para elaborar o mural baixo o lema "COMO PROTEXER A PAZ".Logo cantamos as cancións que tiñamos aprendidas :"ONE DAY" e "O MUNDO É GRANDE".Como remate, soltamos unha pomba , que como tamén estivemos recordando é o símbolo da Paz.Compartimos un momento agradable , no que todos fomos un pouco máis conscientes do que significa vivir en PAZ.


Mirade cantas cousas se nos ocurriron para protexer este ben tan preciado.



 


27/1/13

17/1/13

EDUGA

Acaba de saír o volume 64 (xullo-decembro 2012) da Revista Galega do Ensino .Éste recolle, nas súas diferentes seccións, experiencias innovadoras e de investigación que, seguro, resultarán de interese para a comunidade educativa.
Ademais, na sección Cartafol, incorpóranse artigos informativos sobre distintas actuacións que a Consellería vén desenvolvendo no ámbito da formación profesional e da formación do profesorado.
O novo formato web ofrece novas posibilidades, (incorporación de vídeos, presentacións en Power Point, slideshare,...) que  achegarán dinamismo e axilidade á revista contribuíndo deste xeito a facer máis atractiva a súa consulta.
Preme na seguinte ligazón:
Inicio

http://www.edu.xunta.es/eduga/

 

16/1/13

UNHA CANCIÓN POLA PAZ

Para conmemorar o día da Paz , imos escoitar e cantar esta canción de Mamá Cabra que ten por título "O MUNDO É GRANDE". Como xa veredes fala das moitas diferenzas entre todas as persoas do mundo, diferenzas enriquecedoras ,pero toda esa diversidade ten en común o fundamental do ser humano a nosa capacidade  de soñar e de amar.

Podedes escoitar a canción nesta ligazón.

http://mamacabra.wordpress.com/cancions-para-baixar/

cabra-ultima-pagina2

Mirade que video tan estupendo fixeron en Infantil no cole da Pedra.


DEFENDENDO A PAZ

Rematada a II Guerra Mundial en 1945 xorden diversos movementos socioculturais en prol da Paz.Era preciso buscar un xeito de protexela. Así nese mesmo ano fundouse a ONU (Organización das Nacións Unidas) , cuxo obxectivo máis importante era buscar solucións pacíficas a través do diálogo ante calquera tipo de conflito.
Dentro da estrutura desta organización  creóuse en 1946 a fundación UNICEF, destinada a socorrer aos nenos/as que sufriran os efectos da guerra. Sesenta anos despois o seu labor segue vixente en todo o mundo defendendo os dereitos da infancia.

No ano 1949 tivo lugar en París un Congreso organizado polo Movemento Mundial de Partisáns pola Paz (integrado por varias correntes: Partido Comunista, asociacións cristiáns, e libre pensadores)
Daquela Pablo Picasso recibiu o encargo de deseñar un cartaz para simbolizar este movemento.O pintor malagueño creou para a ocasión a imaxe dunha pomba, que hoxe e en día identificamos  como icona da Paz.
Ao longo da súa vida Picasso debuxou diferentes pombas da Paz que constitúen unha serie, aquí podedes ver algunhas delas.

                               

14/1/13

LETRA MIÚDA

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ven de estrear unha nova publicación "LETRA MIÚDA". Esta é unha  unha revista dixital orientada especialmente para o profesorado dos centros de ensino non universitario de Galicia, para facilitar a autoformación en aspectos de sociolingüística básica aplicada ao ensino.
 A través dos seus artigos tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia
sociolingüística para os/as docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.Tamén , conta cun apartado de "Recomendacións" que se vai ir enchendo, artigos xa publicados que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito mencionado.
Podedes consultala na seguinte ligazón.

http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php