A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ven de estrear unha nova publicación "LETRA MIÚDA". Esta é unha unha revista dixital orientada especialmente para o profesorado dos centros de ensino non universitario de Galicia, para facilitar a autoformación en aspectos de sociolingüística básica aplicada ao ensino.
A través dos seus artigos tratará de achegar información e datos imprescindibles en materia
sociolingüística para os/as docentes que traballan nese ámbito e axudarlles no deseño de modelos de intervención encamiñados á normalización do galego no ámbito educativo.Tamén , conta cun apartado de "Recomendacións" que se vai ir enchendo, artigos xa publicados que se poden consultar na rede, recensións de publicacións básicas e ligazóns de interese, todo relacionado co ámbito mencionado.
Podedes consultala na seguinte ligazón.
http://coordinadoraendl.org/aletramiuda/index.php
No hay comentarios:
Publicar un comentario