17/5/17

LETRAS GALEGAS 2017

Na entrada do noso cole está, dende que comezou o mes de maio, unha preciosa GALIÑA AZUL. Todos e cada un dos alumnos de centro, tanto de infantil como de primaria teñen a súa pluma posta nela.
A  galiña está rodeada polo seus famosos ovos de cores. Cada ovo pertence a unha clase e van acompañados por un pequeno texto onde aparece escrito algo sobre CARLOS CASARES ou a súa obra.

  
A víspera do DÍA DAS LETRAS GALEGAS  foi o elixido para celebralo  no noso cole.
Xuntámonos todos no patio cuberto para, en primeiro lugar escoitar como o alumnado de cuarto, quinto e sexto interpretaban coas frautas e xilófinos O HIMNO GALEGO.

Pasamos, a continuación, á lectura dos textos escritos polas distintas aulas. A GALIÑA AZUL, foi sen dúbida o libro máis comentado, pero tamén se falou sobre LOLO VAI EN BICICLETA, ou, O CAN RIN  E O LOBO CRISPÍN, VENTO FERIDO, ou sobre unha entrevista a CARLOS CASARES na  voz de Galicia.
1ºA
 1ºB
 2ºA
2ºB
 3ºA
  3ºB
 4ºA
4ºB
 5ºA
 5ºB
6º A e 6º B
Aproveitando que este ano cúmprese o primeiro centenario do pasamento de EDUARDO PONDAL, vivimos a continuación, o momento máis emotivo. Foi cando todos e todas xuntos, alumnado e profesorado, erguímonos para cantar O HIMNO GALEGO, acompañados polo insuperable acompañamento do GRUPO DE GAITAS MANXADOIRA de Bueu.
MIL GRAZAS! AO  GRUPO DE GAITAS MANXADOIRA




A maioría do alumnado tiñan preparado só a primeira parte do Himno. foron os maiores de Primaria, quinto e sexto, quenes o cantaron completo.


Cando rematamos, Manxadoira agasallounos cunhas pezas máis que primeiro acompañamos coas palmas, pero que ao final terminamos tosos bailando e pasándoo fenomenal.

FERMOSA  CELEBRACIÓN!


No hay comentarios:

Publicar un comentario