14/5/17

COÑECENDO A CARLOS CASARES E A SÚA OBRA

Aproxímase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
O pasado xoves, Servando Barreiro (O Bardo Abelardo), veu ao noso cole para presentarnos, dunha forma moi divertida, a vida e a obra de CARLOS CASARES. Acompañado do seu a cordeón fíxonos cantar e bailar. Na sala de usos múltiples o esperamos o alumnado de primeiro, segundo terceiro e cuarto.


Ese mesmo día, tras rematar esta sesión, o alumnado de segundo e terceiro dirixímonos ao Centro Social do Mar sa nosa vila para a asistir á representación de "A GALIÑA AZUL", interpretada por Ana Carreira e Manu Polo. Alí atopámonos con outros escolares de outros centros de ensino de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

Foto de Concello de Bueu.

 Foto de Concello de Bueu.
Foi, dende logo, un día moi especial!

No hay comentarios:

Publicar un comentario