31/5/17

LUÍS VALLECILLO

O pasado luns, 29 de maio, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe "A Pedra", estabamos convocados no centro social do mar para ver e escoitar a un vello coñecido do cole: Luís Vallecillo.
Primeiro foi a quenda de primaria, o pase chamábase "O Mundo de Carliños", era e supoñer que o tema centrar xiraría en torno a figura de CARLOS CASARES.
A través dun monicreque e da súa guitarra, Vallecillo fíxonos lembrar ao "Can Rin e ao Lobo Crispín" por un lado e por outro á xa famosísima "Galiña Azul".

Foi despois, a quenda do alumnado de infantil.Aquí; Luís presentaba o espectáculo "Cantamos un conto". Acompañado unicamnete pola guitarra, o artísta fixo cantar e bailar aos máis cativos do noso centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario