Este impresionante mural preside, a entrada do noso cole dende a
semana pasada.
UN SAMAÍN DE ALUCINE!
Todo o alumnado está
representado nel. Cada clase elixiu un personaxe de medo dunha película para
traballar nas aulas. A idea era representalo plasticamente dentro dun fotograma
e escribir unha frase representativa da película.
A Madrastra da Cincenta e o Lobo da Carapuchiña ( 4º E. Infantil)
Úrsula, bruxa da Sereíña e o Lobo dos tres Porquiños (5º E. Infantil)
Bruxa Grimhilde de Brancaneves e Maléfica da Bela Durminte (5º E. Infantil)
Scar de O Rei León e Bagueera de O Libro da Selva (1º E. Primaria)
Frankenstein e Drácula (2º E. Primaria)
Gremlins e Cruella Deville de 101 Dálmatas (3º E. Primaria)
Zombies e Cazafantasmas ( 4º E. Primaria)
Harley Quinn e Joker (5º E. Primaria)
A Familia Addams e A noiva defunta (6º E. Primaria)
Tamén, como cada ano, non faltou a exposición de cabazas. Este ano encheuse de ET, Spiderman, Nemo, Dori, Frankenstein, directores de cine, Hollywood, palomitas, ... IMPRESIONANTES! Cada ano se superan. Sabemos que detrás de cada cabaza hai un esforzo inmenso, pero esperamos que tamén houbera momentos inesquecibles de traballos cooperativos en familia.
GRAZAS FAMILIAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario