No noso cole, ao ser festivo local, temos que trasladar a data pero tede ben seguro que celebrar se celebra.
Este ano tocoulles aos de primaria o martes, 8 de novembro. Aínda que con ameaza de chuvia, os rapaces e rapazas puideron, no soamente degustar o saboroso froito do outono, senón tamén gozar cos divertidos xogos que A ASOCIACIÓN CORREDOIRAS de Bueu prepararon para nós.
Os pequenos e pequenas de infantil, celebrárono o seguinte xoves, 10 de novembro e tede por seguro que algunha pinga caeu pero xogaron e degustaron as castañas igual que os maiores..Volveron contar co apoio da asociación buenense.
Dende estas páxinas o
NOSO PROFUNDO AGRADECEMENTO A ESTE GRUPO DE PERSOAS DE BUEU QUE, CUNHA MOSTRA DE ABSOLUTA XENEROSIDADE, PRÉSTANSE A TRAER E ENSINAR AOS NENOS E NENAS XOGOS TRADICIONAIS
Se pinchades nestas fotos poderedes ollar as diferentes entradas dos blogues do noso cole.
ENTROIDO EN INFANTIL:
MAGOSTO 1º e 2º PRIMARIA
MAGOSTO 3º, 4º , 5º e 6º DE PRIMARIA
No hay comentarios:
Publicar un comentario