Coas forzas renovadas
e cunha gran ilusión damos comezo a este blog no curso 2016/ 17.
Esperamos que
nestas páxinas podamos reflectir multitude de actividades que sirvan ao fomento
da nosa amada lingua e que asemade
contribúan a que o noso alumnado medre dunha maneira saudable grazas a adquisición
de novos coñecementos e a vivenza de
novas experiencias.
Como en cursos
anteriores o equipo de Dinamización traballará
en colaboración co de biblioteca, que
este ano desenvolverá o proxecto “UNHA BIBLIOTECA DE PELÍCULA”, velando asemade para que a lingua vehicular
sexa o idioma galego.
Dende as páxinas
deste blog queremos expresar o noso pesar polo recente pasamento de Agustín
Fernández Paz, autor sempre admirado,
lido e traballado polo alumnado deste centro. Este ano queremos dedicarlle unha
sentida homenaxe e proba disto é o andel que dende o principio de curso ocupa
un lugar destacado na nosa biblioteca.
Este equipo como
en cursos anteriores, organizará ou participará en todas actividades das diferentes
conmemoracións do noso centro.
Seguiremos
colaborando coa coordinadora de Equipos de Dinamización Lingüística do Morrazo.
Publicaremos,
asemade, puntualmente todas as aportacións que a Coordinadora de Equipos de
Normalización e Dinamización Lingüística Galega nos vaia achegando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario