22/2/20

ENTROIDO 2020

Un ano máis o colexio A Pedra unímonos a celebración da festa do Entroido.
Xa hai varias semanas que se empezou a sentir un bulebule de tesoiras, agullas, teas.
Non o tiñamos moi doado, pois este ano tiñamos claro que non podiamos usar bolsas de plástico. Queriamos, asemade, que os disfraces tiveran que ver co tema da radio
A imaxinación e o inxenio saíron  relucir. Alumnado, profesorado  nais, pais, e algunha que outra avoa empregáronse a fondo na confección dos traxes.   O  venres, 21 de febreiro, todo estaba preparado. Roupa, complementos e coplas.
As familias foron informadas con este díptico. 

No seguinte vídeo poderedes gozar dunha galería de fotos deste insquecible día. 


 Pero o Entroido, non é só disfraces, tamén é música. No cole tamén se elaboraron as coplas nas que non falta a ironía e a retranca, sempre tan nosa.
En E. Infantil, con música de "Un barquito Chiquitito" compuxeron esta cantiga:
E así a interpretaron, vestidos e vestidas de Paco Nogueiras e a súa radio "Bule, Bule".


En primeiro e segundo de E. Primaria compuxeron esta fermosa canción co música da 9º Sinfonía de Beethoven.:

E así a interpretaron, vestidos e vestidas de músicos de orquestra:




 O alumnado de terceiro e cuarto compuxeron esta copla con música de Mamma Mía de Abba:
E así a interpretaron vestidos e vestidas do grupo sueco ABBA:



 O alumnado de quinto e sexto compuxeron esta letriña con música do Piripipí de Uxía Lambona e a Banda Molona:
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ


Teño dentro do meu cole
unha radio divertida
pra informarvos do que ocorre
Oh, pirín pirimpimpín dentro desta nosa vila.                                 


Pirimpimpin pim pim pim pim
Retrouso             Vimos hoxe  transmitir:
(bis)                      “O entroido xa está aquí”.

Somos nós os locutores,
sintoniza a nosa radio.
Únete á nosa audiencia
Oh, pirín pirimpimpín día a día está medrando.    Retrouso (bis)


Se queres entrar na onda,
colle o micro e contesta
a tódalas entrevistas
Oh, pirín pirimpimpín que che faga a Voz da Pedra.    Retrouso (bis)

Teño dentro do meu cole
unha radio divertida
Pra informarvos do que ocorre
Oh, pirimpipim dentro desta nosa vila.     Retrouso (bis)

Informa o pai, informa a nai, informa a filla
E eu, como son da familia, tamén quero informar.     Retrouso (bis)

 Contesta o pai, contesta a nai, contesta a filla
E eu, como son da familia, tamén quero contestar.     Retrouso (bis)


E así, con esta marcha, a interpretaron, vestidos e vestidas de reporteiros de radio, na Praza Massó:


Agora toca desfrutar dunhas merecidas vacacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario