O mural da
entrada do colexio aparece de novo esta semana renovado. Agora semella
unha enorme radio con dous impresionantes altofalantes nos laterais das que
saen notas musicais.
De cada corchea
sae unha estrofa dunha canción que trata temas relacionados coa PAZ. Cada aula
do centro, dende os máis pequenos de E. Infantil ata os maiores de 6º de E.
Primaria, elixiron un tema, que puxeron no círculo da súa nota musical. Aínda
que algunhas están en castelán, francés ou en inglés, facendo honra de cole
plurilingüe, no mural todas as letras están traducidas ao galego.
·
4º A
de E. Infantil: “Eu teño alguén” de María fumasa.
·
4º B
de E. Infantil: “Arco da vella” de Doutor Apertas.
·
5º A
de E. Infantil: “Todos somos capitáns” de Magín Blanco.
·
5º B
de E. Infantil: “Baile da Paz” de Mamá Cabra.
·
6º A
de E. Infantil: “De festa” de Uxía Lambona.
·
6º B
de E. Infantil: “Día da Paz” de Pablo Díaz.
·
1º A
de E. Primaria: “Bajo el mismo Sol” de Álvaro Soler.
·
1º B
de E. Primaria: “Una receta de Paz” de Unai Quirós.
·
2º A
de E. Primaria: “Que canten los niños” de Jose Luís Perales.
·
2º B
de E. Primaria: ”Un mensaje al mundo” de Jorge Otamendi.
·
3º A
de E. Primaria: “Friends will be friends” de Queen.
·
3º B
de E. Primaria: “Que bonito es querer” de Manuel Carrasco.
·
4º A
de E. Primaria: “Se buscan valientes” de Langui.
·
4º B
de E. Primaria: “Paz y amor” de Gisela
·
5º A
de E. Primaria: “No dudaría” de Antonio Flores.
·
5º B
de E. Primaria: “De que che vale” de Jesús Pareja.
·
6º A
de E. Primaria: “On écris sur le murs” de Kids United.
·
6º B
de E. Primaria: “Imagine” de John Lennon.
En todas as aulas
preparouse a canción Cantarola para os nenos.
Trátase dunha fermosa poesía de Neira Vilas, versionada por moitos
cantaautores galegos. Nesta ocasión o
alumnado interpretou a versión do grupo galego “Na Virada”. Para facela máis
animada foi ensaiada cunha coreografía común co fin de cantala e bailala todos
xuntos o día da Paz.
Nos días previos, en todas as aulas se elaboraron pombas da Paz.
Procedeuse logo a entrega dos premios do concurso de Selos. O gañador foi Cristian Abal Juncal de 5ºA.
Recibiu un prego con selos de curso legal que representan un bote polbeiro deseñado por el. Tamén recibiron unha mención especial os tres mellores selos de cada clase.
Nos días previos, en todas as aulas se elaboraron pombas da Paz.
O día da Paz
presentouse, como non, chuvioso, polo que o alumnado de E. Infantil non puido
subir ao centro de Primaria e celebrárono no seu cole. Preme na seguinte imaxe!
O alumnado de E. Primaria reuniuse no ximnasio levando
nas súas mans as Pombas da Paz. Alí cada aula, agrupada en círculos, recitou o
cantou a estrofa da canción que puxeron no mural. O seguinte vídeo recole o momento en que todo o alimnado cantou e bailou "Cantarola para os nenos"Procedeuse logo a entrega dos premios do concurso de Selos. O gañador foi Cristian Abal Juncal de 5ºA.
Noraboa!
No hay comentarios:
Publicar un comentario