Este foi o díptico que cada familia recibiu nos seu fogares para informarlles que todo estaba preparado para a gran festa do 9 de febreiro nas rúas de Bueu.
Amorodos, cenoiras, tarros de mel, peixiños, camareiros, menús saudables e cociñeiros! Todo listo para ter unha boa enchente de troula e festa rachada no ENTROIDO 2018 no colexio A PEDRA.
AMORODOS
CENOIRAS
TARROS DE MEL
PEIXIÑOS DE CORES
CAMAREIROS E CAMAREIRAS
MENÚS SAUDABLES
COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS
Primeiro empezaron os nenos e nenas de infantil, que con música da banda sonora de Fruttis cantaron de xeito maxistral esta letriña:
Foi o turno, logo, do alumnado de primeiro e segundo de Primaria, que interpretaron á perfección a súa peza: AS CENOIRAS MELOSAS, con música de A Abella Maia.
Tocoulles saír ao escenario, despois, ao alumnado de terceiro e quinto, que estando inmersos no proxecto TEI quixeron interpretar xuntos a cantiga BAIXO O MAR, con música da canción do mesmo nome da peli da Sereíña.
Finalmente saíron os rapaces e rapazas de cuarto e sexto de primaria. Con música de Échame la culpa de Luís Fonsi cantaron a súa copla denominada O NOSO DESEXO.
Ao rematar as cantigas e co estómago protestando pola fame, todo o alumnado regresou as súas aulas para dar boa conta dos suculentos manxares en forma de filloas, orellas, flores, chulas, ... que as familias prepararan. E que non podemos esquencer que estamos inmersos nun
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario