4/2/18

DÍA DA PAZ

Este lema tan significativo preside o mural que agora ocupa a entrada do noso cole para conmemorar o día da paz, e que ademais,  concorda á perfección co proxecto do centro.

Cada clase traballou  decorou nas aulas unha das palabras das pingas que caen das culleres,  para que formaran parte desta preciosa postal. 
O alumnado de infantil alimenta o seu corazón con amizade,sorrisos, aloumiños, agarimos, xenerosidade e valentía:
Trea anos  A

3 anos B

4 anos A

4 anos B

5 anos A

5 anos B
O alumnado de primaria alimentaron os seus corazóns con: tolerancia, solidariedade, comprensión, compromiso, igualdade, empatía, xustiza, entendemento, respecto, cooperación, verdade e diálogo.
1ºA

1ºB

2ºA

2º B

3º A

3º B

4º A

4º B

5º A

5º B

6º A

6º B
O día 30 de xaneiro, día da paz, xuntámonos todos no patio cuberto do cole. Cantamos todos xuntos a canción  "Eu teño alguén no meu corazón" de María Fumasa do seu álbum Xiqui Xoque fiú fiú. Así soaba de ben:



Cantáronse, asemade, cancións en inglés, castelán, inglés e unha en francés, interpretada só polo aumnado de sexto.. Posteriormente ceibáronse  pombas como  símbolo de Paz.
Posteriormente o alumnado de infantil voltou ao seu centro. 
Os nenos e nenas de primaria, tamén volveron para as súas aulas pero alí esperáballe unha sorpresa que nunca ían esquecer. 
En todas as aulas desta etapa había tres mesas tapadas, unha grande, outra mediana e a última pequena. Os rapaces e rapazas tiña que buscar na pizarra en que mesa debía sentar, dependendo do país que nos días previos traballaran.


A sorpresa veu cando se levantaron os papeis e comprobaron que: 
A mesa grande só contiña unha barra de pan e unha botella de auga.
A mesa mediana, ademáis do pan e da auga contiña algún alimento máis.

Porén, a mesa mediana estaba repleta de alimentose refrescos a fartar.

Nos faltaron as bágoas ao decatarse de que ocupaban os lugares do países que investigaran e o que o que  estaban vivindo reflectía a inxustiza do mundo no que vivían.
Sorprendeu como os que ocupaban as cadeiras dos países pobres foron capaces de organizarse para repartirse o pouco que tiñan. 
As reaccións das outras mesas foron diversas, nos países emerxentes había quen se conformaba, quen sentía pena polos pobres ou quen sentía envexa polos ricos.
Foi sorprendente a reacción dos ricos, pois houbo quen se sentiu perfectamente e comeu e bebeu sen medida, pero os que máis dicían que tiñan un nó no estómago e que non eran quen de probar alimento sen compartir cos que non tiñan.
Despois dun longo debate e de reflexionar, a comida foi repartida.
Sen dúbida ningunha:
UNHA XORNADA INESQUECIBLE!




No hay comentarios:

Publicar un comentario