11/2/17

VISITAS DE ILUSTRADORES E ANIMADORES Á LECTURA

O ano 2017, comezou con moita actividade nas bibliotecas de noso colexio.
Comezaron os peques de infantil, o 15 de xaneiro, recibindo a visita de Dani Padrón, ilustrador de " Pasen e Miren" da editorial Bulubú. Este foi o libro que todo o alumnado de infantil pediu polo Nadal e comezaron a gozalo recibindo a visita deste magnífico artista.
Dani estivo encantandor dándolle leccións maxistrais de como se debuxa e firmando despois de maneira moi creativa todos os exemplares dos nenos e nenas.
 Se pinchas na seguinte imaxe poderás informarte dunha maneira máis completa, enlazando co blog dos Trasnos.
Os seguintes afortunados, foron os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto de Educación Primaria. O pasado, xoves, 9 de febreiro recibiron a visita de Raquel Queizás, "Queliña". Esta fantástica contacontos, foi un agasallo que a editorial SM fixo a estes rapaces e rapazas por teren elixido "As fadas verdes" de Agustín Fernándz Paz como lectura en galego.
Queliña fíxoos pasar momentos inesquecibles, nos que as gargallada foron xerais, mentres lles contaba primeiro unha lenda china, e despois unha peruana.





 Para obter máis i nformación sobre esta visita podedes pinchar na seguinte imaxe e enlazar co blog da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario