22/2/17

A VOLTAS CO MEDIO AMBIENTE




Esta semanas previas ao Entroido están sendo de moita actividade no no noso cole.
O venres pasado, a primeiriña hora do día, o alumnado de 4º e 5º recibiron a visita dunha asociación da nosa vila que loita contra invasión da vespa velutina. Os rapaces e rapazas souberon que a comarca do Morrazo está sendo especialmente prexudicada xa que se atopan niños en infinidade de lugares.
Primeiro ensináronlle como recoñecelas:
Ao final da charla ensináronlle como cazalas. Insistiron no feito de que por culpa desta invasión se  estan exterminando as avespas de aquí, que cumpren un papel moi importante no noso ecosistema. 

Ese mesmo venres, o alumnado de terceiro primeiro e despois o de cuarto, acudiron a unha charla-coloquio sobre a compostaxe.  Fíxoselle un achegamento ao tema do lixo doméstico (tipoloxía, volume, precaucións), a súa xestión e tratamento. Rematou a sesión cunha explicación sobre a compostaxe da fracción orgánica. 
Tratouse, sobre todo de concienciar a estes nenos e nenas, que son o futuro, sobre o problema do lixo, tratando primordialmente dende o punto da redución do consumo, a reutilización do produto e por último da reciclaxe.
Dentro da reciclaxe, englobouxe o tema da compostaxe dos residuos orgánicos para a fabricación de abonos. 



O luns, 20 de febreiro foi a quenda do  alumnado de 5º e 6º e será no mes de marzo cando os de 1º e 2º reciban consellos e información sobre o tratamentos dos residuos pero dende unha perspectiva máis lúdica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario