O pasado martes celebraban a festa do festival "Olloboi" con alfombra vermella e todo.
Como xa publicamos anteriormente, foron nominados pola magnífica curta realizada por eles e, aínda que non puideron viaxar o pasado sábado a Boiro ...
Non quedaron sen celebración!
Preme aquí para comprobalo.Pero, non acabou aquí todo. O xoves recibiron outra nova. A curta obtivo unha mención no certame NOS TAMÉN CREAMOS pola banda sonora da peli. Non podía ser doutra maneira. Dende estas páxinas queremos felicitar a este alumnado que tanto traballou e as súas profes que son capaces de sacar todo o mellor destes pequenos e pequenas que xa son para nós son:
OS MÁIS GRANDES!
Premendo na seguinte imaxe poderedes saber máis sobre este acontecemento
No hay comentarios:
Publicar un comentario