26/6/16

FIN DE CURSO

O tempo pasa a unha velocidade de auténtica vertixe. Case sen darnos conta chegamos ata este fin de curso e como non podía ser doutra maneira sucedéronse os festivais e os actos de graduación.
Por un lado graduáronse o alumnado que remata infantil. No salón de actos do veciño IES Joham Carballeira tivo lugar o pasado luns, 20 de xuño un emotivo festival no que todo o alumnado de infantil tivo protagonismo pero os auténticos artistas da velada foron os maiores, os de 6º de E: Infantil. Houbo cancións, dramatizacións e ata unha preciosa obra de teatro.
No centro de primaria están esperando coas mans abertas a estes pequenos e pequenas e esperamos que a súa estadía na nova etapa sexa tan feliz como sabemos que o foi o seu paso por infantil.


Ese mesmo luns, pero no centro social do mar despediuse o alumnado de 6º de primaria. Estes rapaces, que iniciaron a súa andaina no noso colexio alá por setembro de 2 007, deixan definitivamente as aulas do CEIP A Pedra. Agasallaron ao público asistente cunha serie de coreográficas moi traballada e perfectamente realizadas sobre os proxectos que este ano se desenvolveron no centro: O Universo, e a obra de Manuel María.
PARABENS CHICOS E CHICAS!







No hay comentarios:

Publicar un comentario