O pasado 30 de xaneiro, conmemoramos o día da Paz. Este ano dedicámolo a Nelson Mandela, como referente dunha persoa que basou a súa vida na busca da Paz e a Liberdade. Traballamos nas aulas buscando información sobre a súa vida, , escollemos algunhas das súas frases máis célebres e con elas fixemos un mural na entrada do cole. Esas frases lémolas no patio e tamén cantamos xuntos as cancións "Campás pola Paz" de Migallas e "Mandela Day" de Simple Minds.
Podedes atopar todas as frases recompiladas no blog da Biblioteca.
http://bibliocasteloapedra.blogspot.com.es/2014/02/celebrando-paz.html
Os nenos e nenas de Infantil tamén traballaron para conmemorar este día , aínda que por mor do mal tempo non puidemos compartir a xornada con eles. Mirade que ben o pasaron!
Ademais os nenos do 2º ciclo tiveron a oportunidade de ver o fermoso traballo do grupo de teatro da asociación Xoán XXIII, que sorprendeu coa súa obra "O circo dos esquecidos".Parabéns!
http://segundocicloapedra.blogspot.com.es/2014/02/a-paz-este-xoves-30-de-xaneiro.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario