Hoxe conmemoramos o día de Rosalía, unha galega ilustre, defensora da nosa lingua.
A primeira escritora galega que asumiu a publicación dunha obra literaria íntegramente en galego.
Como tal, queremos renderlle homenaxe lembrando as súas obras e a súa vida.
Na Pedra , participamos nunha actividade conxunta con outros centros do Morrazo," O MORRAZO ESPERTA A GALICIA" que consiste nunha presentación, na que cada centro aporta un granciño de area para recitar o seu poema "ALBORADA".
Aquí tedes o poema, animádevos a lelo .
Na entrada do cole podemos ler esta peza nun mural, e ademais escoitala da man de Uxía ,do seu traballo "Rosalía pequeniña".
Por outra banda, tamén queremos facernos eco da proposta da AELG (Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega) que nos anima nesta data , a agasallar cun libro e unha flor.Ademais de participar nas lecturas colectivas que se celebran hoxe luns 24 de febreiro en diferentes lugares da xeografia galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario